SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 2 CARIÑO 1

63

Sensacional victoria do segundo equipo pontés, que xogou preto de 60 minutos cun xogador menos por expulsión de Adrián Vilasuso.
Adiantouse o cadro azul por medio de Cristian (38´), e no segundo tempo tras un xogadón de Borja levouse a varios rivais por banda esquerda e cedeu a Púas que marcou o segundo a pracer (54´). Antes, un centro chut do propio Púas estivo a piques de sorprender a Raúl (47´).
Pero, como era lóxico, sofriu moito o As Pontes e así tras un sensacional cabezazo Jona recurtaba distancias no 67´, antes, no 56´, o propio xogador enviou un cabezazo ó longueiro e no rexeite Nilis fixo unha vaselina que marchou por pouco. O cadro visitante achuchou, pero David estivo salvador, noutro cabezazo de Jona (80´) e nun saque de falta lateral que bordeou a escadra (85´). Tamén reclamou dous penaltis o cadro azul en área visitante.
Aguantou o cadro azul as embestidas e sumou tres importantes puntos ante un cadro que o ano pasado militou na Primeira Autonómica.
segunda_0001.jpg


Polo cadro de Iván Rodríguez xogaron David, Hugo Filgueiras, Palas, Carlos, Cristian, Vilasuso, Ferreiro, Moya, Púas (Fermín 90´), Borja (Vicente 77´) e Marcos Novo (Narciso 67´).
Polos visitantes Raúl, Nilis, Manu (Juancar 61´), Rusti (Aitor 61´), Angiros, Alvelo, Frei, Will, Jona, Tara (Nes 45´), Dani (Adán 70´).
Terceiros con 17 puntos, a un do Caranza e catro do San Mateo a semana que ven visitan ó Narahío que está na apurada situación de descenso momentáneo, con seis puntos.
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios