TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – PAZOS DE BORBÉN (9-4)

34

Nun partido no que sobrou a segunda parte, o Esteo gañou con facilidade ó Pazos de Borbén. Os ponteses sentenciaron o encontro nos primeiros dez minutos de partido realizando unha boa defensa e sendo moi efectivos en ataque. A partir de aí os locais durmíronse o que aproveitou o conxunto pontevedrés para igualar o xogo, aínda que non foi capaz de perforar a portería local nos primeiros vinte minutos de partido, chegándose ó descanso cun parcial de 6-0 a prol dos ponteses. Na segunda metade seguiu e mesma tónica de xogo cun Esteo moi relaxado e un Pazos que quería remontar e, aínda que superou ós locais nun parcial de 3-4, non foi quen de darlle a volta ó marcador, rematando o partido cunha clara vitoria do Esteo que o afianza na primeira posición con sete puntos sobre o Rececende, que é segundo e ó que visitan os ponteses na vindeira xornada de liga.
esteo_0001.jpg


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Diego, Pellón, Anxo e Iván.
PAZOS DE BORBÉN FS: David, Jonathan, José, Luis, Miguel –cinco inicial- Borja, Jacobo, Esteban e Marcel.
ÁRBITROS: Suárez Blanco e Álvarez López (Lugo). Amoestaron a Bolly, Gerveno, Jonathan, Borja, Esteban e Marcel.
GOLES: Min. 2 (1-0), Rubi. Min. 4 (2-0), Bolly. Min. 8 (3-0), Fran. Min. 9 (4-0), Gerardo. Min. 13 (5-0), Diego. Min. 17 (6-0), Pellón. Min. 21 (6-1), Luis. Min. 26 (7-1), Rubi. Min. 32 (7-2), Jacobo. Min. 35 (7-3), Jacobo. Min. 37 (8-3), Bolly. Min. 38 (9-3), Gerardo. Min. 39 (9-4), Luis.
INCIDENCIAS: Partido da décima xornada de liga da Terceira División disputado este domingo no pavillón municipal da Fraga ante uns 250 espectadores nas gradas.
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios