Desde o 10 de decembro ao 5 de xaneiro poñerase en marcha a campaña do nadal Merca nas Pontes 2012 organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes.
Este ano ademais de incentivalas vendas haberá un obxectivo primordial que é a solidariedade con aquelas persoas máis necesitadas da vila. Unha parte dos ingresos obtidos na campaña irán destinados para tal fin.
Con esta actuación pretendese por un lado, concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o esforzo que os establecementos participantes van facer pese aos momentos difíciles que están a atravesar e que son unha parte representativa importante do motor de As Pontes e por outro lado, reforzar o apoio que xa existe na nosa vila cara as familias máis necesitadas.
Así, os establecementos adheridos repartirán gratuitamente boletos entre os seus clientes para que poidan entrar nos sorteos semanais que serán acumulativos dunha semana a outra e válidos para o sorteo final do 12 de xaneiro. Os sorteos semanais realizaranse en directo desde a emisora local de radio, todos os sábados namentres dure a campaña. En total haberá máis de 2.500 en premios aos que poderán optar os clientes que realicen as compras durante estes días.
Todo aquel establecemento, independentemente da actividade que desenvolva, interesado en participar nesta iniciativa ten ata o 30 de novembro para inscribirse.
Asemade, tense previsto realizar unha gala solidaria para o 12 de xaneiro cuxos detalles faltan por concretar e dos que se informarán máis adiante.
Novas
- El espejo en el que se reflejará As Pontes
- Nota de prensa BNG: O BNG ESIXE AO MINISTERIO E Á XUNTA QUE EXERZAN AS SÚAS COMPETENCIAS
- As Pontes, al borde del abismo: ¿Y ahora qué?
- Endesa prevé apagar para siempre la térmica de carbón gallega antes de julio
- Xunta y Concello de As Pontes dudan de la versión de Endesa sobre las pruebas
- Endesa cerrará la central de As Pontes por la inviabilidad del uso de biocombustibles
- Los trabajadores auxiliares de la térmica de Endesa reclaman el mantenimiento de sus puestos
- La vacuna del covid llega hoy a todos los geriátricos de la comarca
- Endesa As Pontes no pudo poner en marcha los cuatro grupos de carbón por falta de personal
- Siemens Gamesa cerrará la planta de As Somozas y despedirá a 215 trabajadores
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios