LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 CD CONXO B 1

113

Importante victoria do equipo xuvenil de Carballo ante o cadro santiagués por 2 a 1 no encontro desputado onte á tarde no Campo Anexo Jose e correspondente á undécima xornada.
Con este resultado, e á espera do que faga esta mañá a Milagrosa na súa visita ó Montañeros B, os azuis sitúanse cuartos con 21 puntos. Lideran dous equipos da comarca, O Val (26) e Galicia de Caranza (24), terceiro o veciño Vilalbés con 23.
Adiantouse o As Pontes por medio de Dani a pouco de rematar unha boa primeira parte local (35´), e apenas comezado o segundo tempo Magi situaba o 2-0 (48´).
Isto espoleu ós visitantes que foron na búsqueda do empate, e conseguiron o 2-1 no minuto 70´. Seguírono intentando con moito perigo, pero como hai dúas semanas contra o Bergantiños, o marcador non se moveu, 2-1, e o As Pontes volver sumar outros 3 valiosos puntos. Cabe recordar que o conxunto santiagués foi o único capaz de gañar ó líder da categoría.
Compricada visita a semana que ven, a unha terra de bos futbolistas, o EF Lalín, que marcha decimo terceiro con 13 puntos.
Xogaron Krikry, Esteban, Rubén, Darío, Diego, Juancito (Saviola 75´), Criado (Jandro 79´), Alex, Magi (Gonza 86´), Dani (Ismael 85´), Adrián (David 89´).
xuvenil.jpg


xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
xuvenil.jpg
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios