TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: C.D. RECECENDE F.S. – O ESTEO F.S. (2-4)

86

Escudo-O-Esteo.jpgO Esteo segue na súa racha triunfal na Terceira División de fútbol sala ó gañar esta fin de semana na Pontenova diante do segundo clasificado, Rececende, por catro goles a dous. O partido foi de dominio dos ponteses que realizaron unha boa primeira parte cunha boa defensa e un perigoso ataque o que lle supuxo irse ó descanso con vantaxe de 1-3, tantos anotados por Bolly, Pelu e Rubi para os ponteses mentres que Mario marcou para os lugueses. No segundo tempo o encontro estivo máis igualado, marcando o cuarto gol ós doce minutos de xogo por medio de Gerardo. A falta de tres minutos para o final os locais sacan porteiro-xogador logrando o segundo gol por mediación de Antón cando faltaba un minuto para o remate do encontro.. Con este resultado o Esteo amplía a dez puntos a vantaxe sobre o Rececende e a once sobre o Pazos de Borbén.


FICHA DO PARTIDO
CD RECECENDE FS: Javi, Josiño, Mario, Antón, Diego Coe –cinco inicial- Marcos Iván Gago e Jairo.
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pellón, Pelu e Gerveno
ÁRBITROS: Castro Bermúdez e Saa Mateo (Lugo). Amoestaron a Bolly e Gerveno, do Esteo.
GOLES: Min. 4 (0-1), Bolly. Min. 7 (1-1), Mario. Min. 8 (1-2), Pelu. Min. 17 (1-3), Rubi. Min. 32 (1-4), Gerardo. Min. 39 (2-4), Antón.
INCIDENCIAS: Partido da undécima xornada da Terceira División disputado no pavillón municipal da Pontenova ante uns cen espectadores, con presenza de seguidores ponteses.
ESTEO XUVENIL E CADETE: O Esteo xuvenil logrou a segunda vitoria da temporada ó impoñerse ó Vilalba FS por cinco goles a tres (5-3) en partido da oitava xornada da liga nacional disputado no pavillón municipal da Fraga. O equipo pontés aliñou de principio a Iago, Alberto, Jacobo, Pablo e Galego, entrando despois Rouco, Santi, Manu e Picos. Pablo e Manu, en dúas ocasións cada un, e Rouco marcaron polos ponteses.
Pola súa banda o conxunto cadete caeu na súa estrea na liga da Terra Cha ó perder na casa diante do Abadín FS por un claro 1-6. Polo Esteo xogaron Adrián, Dani, Andrés –autor do gol- Pedro, Iván, Ramudo, Aitor, Marcos, David, Ismael e Alberto.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios