LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13

123

Remontada da Cepa na presente campaña da liga de veteranos de As Pontes ó situarse de colíder, xunto a Mobles Eume, despois do seu triunfo na pasada xornada sobre La Galaxia (cun triplete de Lolo), equipo que parece desincharse logo dun bo inicio de temporada. Mobles Eume non tivo problemas para vencer con claridade a Xuntanza, o mesmo que As Pontes 74 diante de Maren. Vitoria pola mínima de Santaballés ante Farmavida.
Mobles Eume e A Cepa, con 16 puntos, ocupan as primeiras posicións da clasificación, seguidos de Santaballés, con 14; La Galaxia, con 13; Farmavida, con 11; Xuntanza, con 8 puntos; As Pontes 74, 6; Maren, con 4, e pecha a clasificación, con só dous puntos, MMYPEM.
Non hai variación en canto ó trofeo “Pichichi” ó máximo goleador do campionato. Continúa na primeira posición Marco Roca, do As Pontes 74, con 6 goles; seguido de Fernández (A Cepa), Oscarín (La Galaxia) e Lolo (A Cepa), con 5 goles; Sito (La Galaxia) e Pepe (M. Eume), con catro goles cada un.
RESULTADOS 8ª XORNADA 24/25 – Novembro – 2012
Mobles Eume – Xuntanza (3-0) Pepe, Carballo e Manel
Farmavida – Santaballés (0-1) Lozano
La Galaxia – A Cepa (1-3) Oscarín – Lolo (3)
Maren – As Pontes 74 (0-5) Paz (2), Manel, Julio e Víctor
Descansou: MMYPEM
veteranos


9ª XORNADA 1/2 – Decembro – 2012
Xuntanza – A Cepa (Sáb. 1, 20,00)
Santaballés – Maren (Dom. 1, 10,00)
As Pontes 74 – M. Eume (Dom. 1, 11,00)
MMYPEM – Farmavida (Dom. 1, 12,00)
Descansa: La Galaxia
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios