SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA: CD AS PONTES 1 SCD PASTORIZA 2

65

Triunfo inapelable do cadro do Pastoriza, que acabou remontando o tanto inicial de Noelia, ante o As Pontes, por 1-2.
Reafirman as coruñesas o terceiro posto, mentras as pontesas continuarán unha semana máis en quinta posición.
Os adestradores dispoñen dunha baralla de cartas todas as fins de semana, pero Salido ten que conformarse coa que lle toque, ás numerosas baixas que se producen ó final de cada tempada, sumabase hoxe as importantes de Lau, Jani, Lía ou Alba R. Iso foi, entre outras cousas, o que se botou de menos, un medio do campo e unha liña atacante algo parecida a do cadro do Pastoriza, e unha xogadora como Cintia.
Comezou adiantandose o As Pontes cun tanto de córner directo de Noelia, a gran central de San Sadurniño, atopouse cos contrastes do fútbol. A semana pasada, nun lugar de magnífico recordo pra As Pontes, o de A Rúa, pois alí logrou o cadro azul o ascenso a Terceira División en 1984 tras gañar por 1-2, lanzou 3 faltas ó longueiro, e hoxe na primeira oportunidade marcaba case sen ángulo.
feminino_0001.jpg


Pero as visitantes non tardaron moito en empatar, por medio da súa mellor xogadora, a número 10, Cintia, nun tiro forte de fóra da área, que despexa hacia atrás Leti e acaba entrando. Non foi a única ocasión das visitantes, pois nun contragolpe regatean a Leti, Noelia consigue encimar e evitar o tanto, e o posterior centro salvao Andrea na mesma liña de gol antes de que remate a dianteira visitante. Algunhas outras contras do equipo coruñés foronse salvando e chegouse ó descanso coas táboas no marcador.
No segundo tempo avisaba Alba cun remate que Leti conseguía desviar ó longueiro (50´), pero apenas un par de minutos máis tarde, outra vez Cintia, dende fóra da área cun forte disparo que volveu desviar Leti como puido hacia atrás acababa no fondo das mallas.
As visitantes botaron algo máis de arrestos, tiveron máis ocasións, lanzamentos de falta, e varios disparos a porta perigosos, mentres as azuis apenas fixeron algún tiro con pouco perigo xa nas postrimerías.
Por riba no 78´ foi expulsada rigurosamente por segundo cartón Silvia, que será unha gran perda pra o seguinte encontro pois na súa parcela é insustituible.
Sen embargo, cando máis perdidas estaban as cousas, foi canto máis vontade lle puxo o cadro de Salido, as dúas Noelias, a capitana, Andrea, e embotellaron as visitantes na súa área, pero non se conseguiu o gol e o Pastoriza sumou tres puntos moi merecidos.
O As Pontes suma 7 triunfos por 5 derrotas e a semana que ven tentará resarcirse na súa visita en Coruña ó Orzán B.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD AS PONTES. Leti, Mireia (Patri Rochela 77´), Silvia, Andrea, Noelia, Patri Dopico, Noelia Ameneiro, Paula (Vicky 45´), Carla, Carlota, Yaiza.
PASTORIZA SCD. Uxía, Fanny, Bego, Irene, Melani (Nuria 30´ Manuela 90´), Alba (Jesi 88´), Chus, Noa, Noe, Cintia, Daniela.
Goles: 1-0, Noelia (20´), 1-1, Cintia (35´). 1-2, Cintia (52´).
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado. Mañá fría. No primeiro tempo retirouse lesionada a defensa Melani.
Árbitro: Alejandro Rodríguez Dopico. Amonestou a Noa, Nuria, Noelia e expulsou por dobre cartón a Silvia (78´).
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios