O Paseo dos Alimpadoiros do concello pontés muda o nome en homenaxe á Constitución

93

[Diario de Ferrol] O Paseo dos Alimpadoiros do municipio pontés é, desde onte, o Paseo da Constitución. O cambio de denominación, que responde a un acordo tomado de forma unánime polo pleno da corporación, materializouse onte cun acto no que se procedeu ao descubrimento da placa coa nova nomenclatura. Deste xeito, o goberno do socialista Valentín González Formoso homenaxeou á Constitución uns días antes da súa festividade, o vindeiro día 6, data na que cada ano se conmemora a aprobación en 1978 desta lei fundamental.


Coa intención de abrir o acto a participación popular, organizouse, coa colaboración do Club Ciclista Vilalba-As Pontes, unha marcha ciclista que no seu percorrido incluíu, entre outras zonas, o paseo obxecto do cambio de denominación.
Alí, uns nenos encargáronse de descubrir a placa ante a presenza do propio rexedor e membros do equipo de goberno, así como dos representantes de entidades veciñais. Nese mesmo lugar proporcionouse un avituallamento a todos os participantes, antes de iniciar o camiño de volta ata o punto de partida, fixado no consistorio local. O Paseo da Constitución comprende desde a rúa Antonio Machado ata o cemiterio dos Alimpadoiros.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios