Tres participantes e tres subcampionatos no Galego de Sala

85

O sábado pasado celebrouse en Ares o Campionato Galego de Sala para as categorías dende esquío ata cadete. Entre os 43 participantes tres eran compoñentes do Clube Sílex: Cristina Castro, Borja Barro e Daniel Castro.
Nas series clasificatorias tiveron os seus altibaixos pero chegaron ao final desta fase na segunda praza das súas respectivas categorías. Recurvo infantil muller para Cristina, recurvo infantil home para Borja e recurvo cadete home no caso de Daniel.
Borja foi o primeiro en terminar a sua final frente a Gabriel Galante que dunha maneira contundente se impuxo ao noso arqueiro. Borja foise superando en cada enfrentamento pero a gran forma do de Alfoz deixou o tanteador en 6 a 0. Primeira medalla de prata para o Sílex.
12-12-01-Galego-Nenos-1.jpg


Daniel tívose que medir a Mihai Poetelea na final. Comezaron cun empate dando a imaxe dunha final igualada. O segundo set gañouno o da Chaira poñendo o 3 a 1 ao seu favor. O pontés soubo corrixir os erros e forzar outro empate no set co que o marcador se poñía 4 a 2. No seguinte set volveu a vencer Mihai facéndose así co campionato galego. Segunda prata para un arqueiro do Sílex neste campionato.
E por último Cristina, pero porque desputou a máis longa e emocionante das eliminatorias, enfrontábase con Marta Guerrero da Escola Lucense. Ao igual que o seu irmán comezaron empatando no primeiro dos sets. Marta fíxose cos dous seguintes poñendo un 5 a 1 moi favorable. Pero Cristina soubo retomar a tranquilidade e concentración para gañar os dous últimos sets empatando a eliminatoria a 5 puntos. So quedaba unha frecha para decidir a campiona galega da categoría. Coas frechas na diana, un 9 para cada unha, houbo que medir a distancia ao centro da diana para designar a Marta como campiona galega de recurvo infantil por menos dun centímetro de distancia ao centro con respecto á frecha de Cristina.
Un hurra por estos arqueiros que se comportaron como unhos grandes campións, non foron eles os que perderon as finais, foros os campións os que o fixeron mellor.
Xa por ultimo salientar a boa organización do clube anfitrión, Club AresArco, e que facia tempo que non se vía disfrutrar tanto aos participantes, adestradores e asistentes dun campionato, foi unha festa na que todos distrutaron. Con campionatos como estos podemos dicir que o Tiro con Arco ten unha longa.
Nova cortesía do Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios