TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BERGANTIÑOS CF 0

49

Victoria merecida pero con moito sufrimento dun As Pontes que dominou o partido de cabo a rabo, e aínda así estivo a piques de perder dous puntos nos últimos minutos.
O primeiro tempo foi de pleno dominio azul, tivo dúas aproximacións Sergio Arias, e tras un centro dende banda Dani non acerta a marcar sen porteiro entre a maraña de defensas (18´). Un minuto máis tarde en posición franca, roubanlle o balón. O propio Dani envía un pase maxistral en profundidade a Amado pero o disparo deste marcha lamendo o poste (29´). O único gol do encontro chegou no 41´, tras aproveitar un rexeite e posterior balón morto no borde da área, Iván González empala sen pensalo e cola o balón pola escadra. Aínda puido aumentar o marcador o As Pontes antes do descanso nun tiro cruzado de Amado que Dani Varela desvía a córner cunha palomita (44´).
Máis do mesmo no segundo tempo, dous defensas salvan o gol con sendas arrastradas a tiros de Iván (49´) e Bossa (75´), zapatazo de falta de Bossa que se marcha lamendo a escadra (61´), gol ben anulado a Cañizares (69´). A máis clara, tras saque de córner de Bossa, e cabezazo de Esmorís, Varela desvía o balón por riba do longueiro cos pes (57´).
Hoxe tivo moitos momentos de bo xogo e boas combinacións o As Pontes, pero algo de desgaste físico e o feito de que o que perdoa acaba sufrindo, o Bergantiños puido empatar no 77´ cun cabezazo de Geri ó longueiro (77´), pero esta vez a fortuna fixo xustiza co As Pontes, e despois sendos lanzamentos de falta dos da terra de Carballo, despexounos Kiko como puido (78´ e 83´). Entremedias Amado puido sentenciar con outro disparo cruzado, pero outra vez Dani Varela, o mellor do encontro, desviou a córner (79´).
En definitiva o As Pontes suma 27 puntos e aúpase momentáneamente á 4ºpraza, pero o que é máis importante, achega o obxectivo da salvación.
terceira


CD AS PONTES 1. Kiko, Esmorís, Nano, Pablo López, Rochela, Dani (Cañizares 68´), David Amado (Eloy 86´), Bossa, Sergio Arias (David Piña 80´), Iván González, Pablo Domínguez
BERGANTIÑOS CF 0. Dani Varela, Aarón, Diego Peña, Gery, Gonzalo, Alberto, Sergio, Chechu (Alexandre 69´), David García (Josiño 84´), Tomás, Toni.
Goles: 1-0, Iván González (41´)
Árbitro: Miguel Ángel Miñán Fernández (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Fariña Biasi e Muñiz Ruiz. Amarela a Nano.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 350 espectadores en tarde moi fría pero sen chuvia. Antes do comezo do encontro homenaxeouse ó equipo infantil do As Pontes, brillante campión da Copa de Ferrol.
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios