LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13: O Mobles Eume campión de inverno

66

Tropezo de A Cepa ó perder diante de Xuntanza na novena xornada de liga de fútbol de veteranos de As Pontes, así como de Mobles Eume, que non pasou do empate ante As Pontes 74, equipo que parece iniciar a súa remontada no presente campionato de liga. Normais os triunfos de Santaballés e Farmavida ante os derradeiros clasificados, Maren e MMYPEM.
Despois desta xornada coa que remata a primeira volta, Mobles Eume encabeza en solitario a clasificación con 17 puntos, polo que se proclama campión de inverno; seguido de A Cepa e Santaballés, con 16; Farmavida, con 14; La Galaxia, con 13; Xuntanza, con 11; As Pontes 74, con 7; Maren, con 4, e pecha a clasificación con dous puntos MMYPEM.
Lolo, de A Cepa, iguala a seis goles con Marco Roca, de As Pontes 74, no trofeo “Pichichi” ó máximo goleador do campionato. En terceira posición están Fernández (A Cepa), Oscarín (La Galaxia) e Pepe (M. Eume), con 5 goles cada un, e Sito (La Galaxia) con catro goles.
Na vindeira fin de semana comeza a segunda volta cun atraínte Mobles Eume-Santaballés na loita pola primeira posición, encontro que comezará ás dez horas do domingo 16. Interesantes tamén os outros choques desta décima xornada de liga. Correspóndelle descansar ó equipo de A Cepa.
RESULTADOS 9ª XORNADA 1/2 – Decembro – 2012
Xuntanza – A Cepa (3-1) Fran (2) e Carlos / Lolo
Santaballés – Maren (2-1) Felipe e Rego / Vituco
As Pontes 74 – M. Eume (2-2) Óscar e Susín (p.m.) / Cazás e Pepe
MMYPEM – Farmavida (1-2) Cabanela / Javi e Juanjo
Descansou: La Galaxia
veteranos


10ª XORNADA 15/16 – Decembro – 2012
As Pontes 74 – Xuntanza (Sáb. 15, 20,00)
M. Eume – Santaballés (Dom. 16, 10,00)
Maren – MMYPEM (Dom. 16, 11,00)
Farmavida – La Galaxia (Dom. 16, 12,00)
Descansa: A Cepa
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios