TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: VILALBA F.S. – O ESTEO F.S. (5-4)

75

Nun raro partido, o Esteo sufriu a segunda derrota consecutiva na liga ó perder en Vilalba por un apertado 5-4. Dicimos raro porque cando nun partido hai unha desastrosa arbitraxe, cando se sufre unha máis que discutida expulsión do xogador máis revulsivo e o goleador do equipo, cando se conceden demasiados regalos en defensa e se pola contra non se materializan en gol as incontables ocasións, malamente un equipo pode gañar un partido. Todos estas circunstancias tívoas o Esteo no encontro de rivalidade ante o Vilalba, equipo que contra todo prognóstico acadou tres importantes puntos diante do líder. O encontro estivo disputado na primeira parte cun Esteo que controlaba ben o xogo e que logrou ós seis minutos o primeiro gol por obra de Gerardo. Catro minutos despois empataban os locais estando en superioridade numérica trala a dubidosa expulsión de Rubi por dobre amarela. No minuto 15 Bolly polo escuadro adiantaba de novo ós ponteses. A falta duns segundos Luis volvía empatar para os vilalbeses aproveitándose dun erro defensivo pontés. Na segunda parte o Esteo saíu decidido a gañar o partido e as cousas poñíanselle ben ó marcar Pelu tras un boa xogada. Sen embargo e cando todo o mundo esperaba que o encontro estaba encarrilado para os ponteses, unha perda de balón no medio da pista propiciou o terceiro empate do partido e as cousas igualábanse de novo e de seguido nun contragolpe o Vilalba lograba por primeira vez poñerse por diante ó marcar Luis, o terceiro tanto da súa conta particular. Diego Paz, adestrador pontés arrisca coa táctica de porteiro-xogador que non acada o efecto esperado e polo contrario o Esteo encaixa o quinto tanto por obra do pontés Aitor nun disparo dende o seu campo e a porta baleira. Acto seguido un defensor local desvía cara a súa portería un forte disparo dende a banda esquerda establecendo o 5-4. Disporía o Esteo de dúas claras ocasións para igualar o partido, sobre todo unha a falta dun segundo, nun pase ó segundo pau que Fran enviou pegado ó poste.
esteo


FICHA DO PARTIDO
VILALBA FS: Agus, Piña, Roi, Aitor, Luis –cinco inicial- Luka, Chicarito, Peón e Paulo.
O ESTEO FS: Choto, Gerveno, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Pelu, Pellón, Bolly e Diego.
ÁRBITROS: Penosa actuación dos lugueses Franco Veiga e Castro Bermúdez. Expulsaron por dobre amarela a Rubi, do Esteo. Tamén foron amoestados Piña e Luis, do Vilalba.
GOLES: Min. 6 (0-1), Gerardo. Min. 10 (1-1), Luis. Min. 15 (1-2), Bolly. Min. 19 (2-2), Luis. Min. 30 (2-3), Pelu. Min. 33 (3-3), Chicharito. Min. 39 (4-3), Luis. Min. 39’34” (5-3), Aitor. Min. 39’47” (5-4), Luka en propia porta.
INCIDENCIAS: Partido da décimo terceira xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal de Vilalba ante máis de 400 espectadores nas gradas, con presenza de preto de cen seguidores ponteses.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios