RESULTADOS DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

75

En Terceira División, o As Pontes perdeu pola mínima (2-1) na súa saída a Ordes nun partido no que os ponteses mereceron moito máis por mellor xogo e polas claras ocasións de gol desperdiciadas. Sen embargo, cando hai despistes, como a vaselina de Cabrejo dende máis de corenta metros, ó final págase. O cadro pontés é sexto con 27 puntos e na vindeira fin de semana encontro de rivalidade no campo de Pardiñas diante do Somozas, que vai quinto despois do seu empate co Cerceda.
En segunda autonómica, goleada do As Pontes B ó Galicia de Mugardos por 4-0 despois dun bo partido de todo o equipo. Na primeira metade os ponteses puideron irse ó descanso cun marcador máis amplo, pero o porteiro visitante estivo moi afortunado nas súas intervencións. Sen embargo, tan só subiu ó marcador o gol de Vila (35’) a pase de Borja, que fixo un bo partido dentro da boa actuación de todo o conxunto. No segundo tempo dominio dos locais que incrementaron a vantaxe con tres goles máis de Borja (18’), Fermin (22’) e Vila (27’). Debido a chuvia caída nestes días, o terreo de xogo atopábase encharcado e moi pesado. Polos ponteses xogaron Juan (David, 83), Ferreiro (Fran, 74), Fernando, Hugo, Carlos, Álex Antón, Púas, Moya, Vila (Palas, 77), Borja (Vicente, 77) e Marcos Novo (Fermín, 62). O As Pontes B é quinto a catro puntos do líder, Rápido de Neda. Na vindeira xornada, partido de rivalidade no Poboado diante do Somozas B.
segunda


segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
Triunfo do equipo feminino en Santiago ante o Conxo por 0-1, tanto de Noelia de córner directo. Con 24 puntos descansan ata a segunda semana de xaneiro na que recibirán ó pechacancelas A Baña. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com.
O equipo xuvenil, non puido disputar o seu partido ante a Milagrosa de Lugo polo mal estado do campo do Poboado debido á chuvia caída nestes últimos días. Na vindeira xornada o equipo que adestra Carballo xoga na Coruña diante do Orillamar.
Descólgase do liderado o As Pontes cadete que empatou a un gol no campo dos Pinares ante o Perlío, co que Galicia de Caranza e O Val, os finalistas da Copa, sitúanse con 9 puntos en mentres que o As Pontes e o propio Perlío suman 7. Precisamente ante O Val xogará a vindeira semana en O Poboado.
O infantil goleou 8-1 ó Ánimas e mantén o pulso co Racing de Ferrol que venceu 0-9 en Cedeira. Ambos teñen 9 puntos, con +17 dos verdes por +15 dos azuis, que a vindeira semana visitan ó Galicia de Caranza B. Marcaron polo As Pontes Sergio Otero (3), Andrés (2), Jorge, Adrián e Eloy nun partido xogado nun campo do Poboado en pésimas condicións en mañá chuviosa e moi fría, incluso o porteiro visitante tivo que ser cambiado polo intenso frío.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
O benxamín A venceu 3-4 ó Numancia de Ares, e son terceiros con nove puntos. Despiden o ano ante o líder Meirás. O Benxamín B perdeu 0-4 no Poboado diante o Portuarios. Son novenos con tres puntos e rematan o 2012 visitando ó líder Racing San Pedro B.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
O prebenxamín A perdeu 11-3 diante do líder Galicia de Caranza, e na súa visita ó Val intentarán puntuar neste grupo A da segunda fase da liga. No grupo B descansou o Prebenxamín B que a vindeira semana recibe ó Numancia de Ares, primeiro clasificado.
Nova cortesía de Xose e Antón Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios