LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13: O Mobles Eume campión de inverno

68

Empate a un gol entre os dous primeiros clasificados, Mobles Eume e Santaballés, nun partido moi disputado sobre un terreo de xogo impracticable con moito barro e nunha mañá de intensa chuvia. Nos outros tres partidos vitorias claras de As Pontes 74, que pouco a pouco vai collendo o ritmo da competición, e Farmavida sobre Xuntanza e La Galaxia, equipo que xa non é o mesmo das primeiras xornadas. O choque entre os colistas, saldouse con triunfo de MMYPEM Roupar sobre Maren por 3-1.
Despois da primeira xornada da segunda volta, é líder, con 18 puntos, Mobles Eume por mellor coeficiente particular que Santaballés, que suma os mesmos puntos. En terceira posición está Farmavida, con 17 puntos; seguido de A Cepa, con 16; La Galaxia, con 13; Xuntanza, con 11; As Pontes 74, con 10; MMYPEM Roupar, con 5, e pecha a clasificación con catro puntos Maren.
Marco Roca (As Pontes 74) e Lolo (A Cepa) son primeiros, con 7 goles, no trofeo “Pichichi” ó máximo goleador do campionato. En terceira posición está Pepe, de Mobles Eume, con 6 goles; seguido de Fernández (A Cepa), Oscarín (La Galaxia), con 5 goles cada un, e Sito (La Galaxia) con catro goles.
Tralo descanso de Nadal, a competición reempréndese a segunda fin de semana do vindeiro ano 2013.

RESULTADOS 10ª XORNADA 15/16 – Decembro – 2012
As Pontes 74 – Xuntanza (3-0) Paz, Fran e Manel
M. Eume – Santaballés (1-1) Pepe / Pedro
Maren – MMYPEM (1-3) Juan (penalti) / Franco, Manolo e Cabanela
Farmavida – La Galaxia (2-0) Raúl e Chente
Descansou: A Cepa

veteranos


11ª XORNADA 12/13 – Xaneiro – 2013
MMYPEM – M. Eume (Sáb. 12, 20,00)
Santaballés – As Pontes 74 (Dom. 13, 10,00)
La Galaxia – Maren (Dom. 13, 11,00)
A Cepa – Farmavida (Dom. 13, 12,00)
Descansa: Xuntanza
A LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES DESEXA A TODOS UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL E UN BO E DEPORTIVO ANO 2013
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios