A FUTBOLISTA PONTESA RAQUEL BEJAR CASTRO CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA FEMININO

492

Este pasado martes recibíamos a feliz nova da convocatoria da xogadora do CD As Pontes Raquel para a disputa da Primeira Fase do Campionato de España Sub16. Ademáis a convocatoria ten o doble mérito de facelo sendo cadete de primeiro ano.
Este día 20 Galicia xogará contra Canarias e o vindeiro sábado 22 contra a selección de Baleares. A selección galega exercerá de anfitriona e disputará os seus encontros no Campo de Santa Isabel en Santiago de Compostela ás 10:00 da mañá.
Raquel xoga no cadete masculino que quedou segundo de grupo no torneo copeiro e estivo a piques de clasificarse pra a final.
raquel1.jpg


Os grupos son os seguintes: Grupo A (Cataluña, Asturias, Aragón, Castela A Mancha), Grupo B (C.Valenciana, País Vasco, Madrid), Grupo C (Galicia, Canarias, I. Baleares), Grupo D (Andalucía, Extremadura, Murcia), Grupo E (Navarra, Castela León, A Rioxa).
Raquel, que xa fora convocada en 2010 pra a selección ferrolá alevín masculina, convírtese deste xeito na cuarta xogadora de As Pontes en ser convocada pra a selección galega despois de Yaiza Paleo, Paty Blanco e Malena Mieres.
As convocatorias completas son as seguintes:
Sub18
Atlético Arousana: Zaira Aido, Belén Fernández, Laura Lema, Bárbara Sierra
O Olivo: Lucía Camisón, Alejandra Troncoso, Carla Otero
Victoria CF: Fátima Fernández, Ángela Prado
P.M.Friol: Nerea Carballo, Nuria Pérez
Erizana CF: Ana González, Verónica Giraldes
Orzán SD: Paula Vázquez
SD Compostela: Sofía Lestón
ADC Monte Forte: Antía Pérez
Villestro SD: Ángela Nogueira
Tomiño Fem: Sara Álvarez
Sub16
O Olivo: Paula Domínguez, Cecilia Fernández, Sara Alonso, Irene Fernández
Atlético Arousana: Carla Falcón, Alba Ferré, Sara Pazos
Bértola FF: Fátima Area, María Calvar
Tomiño Fem: Judit García, Irina Martínez
Orzán SD: Nerea González
Villestro SD: Ariane Martínez
Milladoiro SD: Nuria Rábano
P.M. Friol: Claudia Calvete
EDA Arzúa: Helena Ramos
CCAR Valladares: Lidia Rodríguez
CD As Pontes: Raquel Béjar
Foto cortesía Antón Ferreiro
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios