TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – S.D. XOVE F.S. (4-3)

69

Logo de dúas derrotas consecutivas o Esteo volveu á senda de vitorias despois de superar con moitas dificultades por un axustado 4-3 ó Xove, terceiro clasificado, nun partido moi disputado, aínda que por ocasións de gol o conxunto pontés mereceu un resultado máis amplo. A primeira metade estivo igualada. Os ponteses achegábanse con claridade á portería visitante e ós dous minutos Bolly marca a pase de Rubi. Catro minutos despois empatan os da Mariña luguesa por mediación de Darío. Xa nos derradeiros minutos desta primeira metade Rubi marcaba un precioso tanto de vaselina poñendo o 2-1 no marcador. Pero, tiña que chegar unha perda de balón no centro do campo, como sucedera en Vilalba, para que Dani empatara de novo para o seu equipo, aínda que nos últimos segundos Rubi tivo unha clara ocasión para desfacer a igualada. A segunda parte comezou con máis dominio por parte do Esteo, creando claras ocasións de gol, aínda que tamén os lugueses tiveron oportunidades para marcar. Sen embargo, os goles tardarían en chegar. A falta de catro minutos Rubi marca o seu segundo tanto e no minuto final Bolly anota de dobre penalti poñendo o 4-2 no marcador, un resultado que parecía o definitivo. Pero, cando xa soara a bucina de mesa sinalando o final de partido, Gerardo cabeceou cara atrás un balón collendo adiantado ó porteiro local e o esférico entra na portería. Incomprensiblemente os colexiados deron por válido o gol do Xove. Na vindeira xornada, derradeira da primeira volta, o Esteo viaxa a terras ourensáns para enfrontarse ó Carballiño o sábado 29 de decembro.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pelu, Pellón, Gerveno, Diego e Iván.
S.D. XOVE F.S.: Puli, Dani D., Álex, Iago, Quelle –cinco inicial- Ivi, Darío, Dani L. e Chetis.
ÁRBITROS: Regular arbitraxe dos lugueses Sar Marco e Álvarez López. Amoestaron a Diego, do Esteo, e ós visitantes Álex, Dani L. e Darío en dúas ocasións, polo que foi expulsado.
GOLES: Min. 2 (1-0), Bolly. Min. 6 (1-1), Darío. Min. 15 (2-1), Rubi. Min. 18 (2-2), Dani. Min. 36 (3-2), Rubi. Min. 39 (4-2), Bolly (dobre penalti). Min. 40 (4-3), Gerardo en propia porta.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo cuarta xornada de liga da Terceira División disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores nas gradas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios