O FUTBOLISTA PONTÉS ENRIQUE FORNOS DOMÍNGUEZ XOGARÁ O CAMPIONATO DE ESPAÑA EN MONFORTE DE LEMOS

106

O futbolista de As Pontes que milita no RC Deportivo de A Coruña Enrique foi convocado a semana pasada pra a primeira fase do Campionato de España, a disputar en Monforte de Lemos.
Galicia xogará este venres ás 10:15 contra a selección de Aragón e o vindeiro domingo á mesma hora frente a Castela A Mancha.
Os grupos son os seguintes, Grupo A: Andalucía, Cataluña, Asturias, Canarias; Grupo B: C.Valenciana, Madrid, Cantabria; Grupo C: Castela León, País Vasco, Extremadura; Grupo D: Murcia, Navarra, A Rioxa; Grupo E: Melilla, Ceuta, Illas Baleares; Grupo F: Galicia, Aragón, Castela A Mancha.
Tamén acuden os xogadores da comarca, Alberto Leira, en sub16, e Pablo Ramos e Juan Rodríguez, en sub18.
enrique.jpg


Enrique xa xogara coa selección galega en 2009 o Campionato de España Alevín en Madrid, onde a selección acabou na sexta posición.
Na selección sub16 destaca, entre outros, o medio centro do Celta Hugo Pintos, recentemente convocado pola selección española sub16, mentres que no combinado sub18 destacan catro internacionais, os tres dianteiros Dani Iglesias, Javier Fernández “Bicho”, Yelko Pino e o porteiro Rubén Blanco. Tamén o goleador Santi Mina e o medio centro Jordán Domínguez que xa acudiu a un adestramento en Las Rozas.
As convocatorias completas son as seguintes:
Sub16
RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Aaron Sánchez, Alberto Leira, Pablo Cacharrón, Alejandro Rey.
RC Celta de Vigo: Iván Villar, Álvaro Fernández, Hugo Pintos, Rubén García.
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Gabriel Domínguez, Diego Pérez.
CD Lugo: Edgar Redondo
Pontevedra CF: Jose Filgueiras
CD Conxo: Brais Ageitos
CD Areosa: Martín Fuentes
Orillamar SD: Asier Santalla
Arousa SC: Jorge Fontán
Sub18
RC Celta de Vigo: Jordán Domínguez, Santiago Mina, Rubén Blanco, Yelko Pino, Federico Nicolás.
RC Deportivo de A Coruña: Dani Iglesias, Gabriel Sanin, Sergio Pereira, Javier Fernández “Bicho”.
Montañeros BG: Pablo Ramos, Alex Ares.
CD Lugo: Julio Camba
SD Compostela: Mateo Mariño
RC Ferrol: Juan Rodríguez
Rápido de Bouzas CF: Sergio Sánchez
Pabellón Ourense CF: Diego García
CD Lérez: Bruno Rivada
Porriño Industrial: Marcos González
Foto cortesía AF
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios