O Trofeo Concello de As Pontes de tiro con arco volve á vila

100

Será o domingo 30 de decembro cando se celebre o XIV Trofeo Concello de As Pontes de sala no pavillón Municipal da Fraga. Arqueiras e arqueiros dende a categoría de alevín ata veterán, tanto en muller como en home, nas modalidades de arco recurvo e arco composto daranse cita na última proba do ano 2012 dentro do calendario da FGTA.
Esta proba é valedeira para a obtención da cualificación para asistir ao Campionato de España Absoluto de Sala de 2013 e ao Campionanto de España Cadete e de Menores de 14 anos coa subvención da Federación Galega de Tiro con Arco. Disputarase unha fase de clasificación con dúas rondas de 30 frechas a 18 metros, e no caso de categorías onde haxa un mínimo de 5 inscritos desputaranse a continuación eliminatorias para decidir o podio final do Trofeo nas mesmas.


Ás 8:30 horas abrirase o pavillón para a recepción dos participantes, comezando a competición ás 9:30 horas coas dúas rondas de clasificación, despois das cales se fará un descanso para continuar logo cos enfrontamentos definitivos nas categorías existentes.
Por parte do clube pontés haberá unha nutrida participación, con sete arqueiros e unha arqueira que pelexarán por subir ao alto do podio nas súas categorías. Comezando polas damas, Cristina Castro participará en arco recurvo infantil muller. Na categoría de recurco infantil home estará Borja Barro, en na cadete Daniel Castro. Xa en arco recurvo veterán teremos a Adriano Romero, e en arco composto sénior home a Xaquín Mira. A representación máis numerosa corresponde á de arco recurvo sénior home con catro arqueiros: Miguel Alvariño, que en tódalas competicións nas que participou sempre estivo no podio final, Javier Vázquez, Jose Manuel Vila e Carlos Romero.
Agradecemos dende o Sílex as axudas tanto do Concello de As Pontes para a celebración deste Trofeo novamente, así coma do apoio recibido por Tomymobile e Galiarco que este ano iniciaron unha acción de patocinio do Clube Sílex e que se vai reflectindo en participación e resultados.
Dende o Clube Sílex queremos desexar a tódolos asistentes, tanto deportistas coma público, unha boa mañá disfrutando do mellor tiro con arco galego e de terras próximas.
Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios