UN XOGADOR DO ESTEO COA SELECCIÓN DE LUGO DE FÚTBOL SALA

102

torneo_16.jpgO Esteo As Pontes de Fútbol Sala decidiu fomentar as súas categorías de base nesta campaña 2012-13 e xa está a obter os seus primeiros froitos, aparte da formación dos rapaces, que é o máis importante.
O porteiro do equipo cadete, Alberto Da Silva Castro, de primeiro ano, xa fora convocado para dúas preseleccións, e este domingo disputou un partido coa selección de Lugo da zona centro.
No encontro ían a xogar contra a selección do Sur de Lugo, equipo que finalmente non se presentou e acabaron xogando contra o Lumieira Xuvenil, ó que venceron por 10-2.
Alberto xogou toda a primeira parte e o porteiro do Azkar Lugo o segundo tempo.
A metade dos xogadores convocados pertencían ó gran Azkar de Lugo, co primeiro equipo en División de Honra, e así foron David Losada, Daniel García, Jacobo Areñas, Jose Capón e Alexandre Rico. Outros convocados foron Juan Traseira e Germán Aguilera (Lumieira), Adrián Paz (Cospeito) e Iago Montero (Casás).


Nova cortesía de Carliña e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios