ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA II SAN SILVESTRE DE AS PONTES

36

Con cinco días de retraso por mor do mal tempo no día de Fin de Ano, celebrouse este sábado polas rúas da vila pontesa a segunda edición da carreira de San Silvestre, que contou cunha numerosa participación de atletas de tódalas idades, máis de seiscentos vidos de diversas localidades galegas. Moitos dos participantes ían disfrazados como se de Entroido se tratase, unha ancestral festa que terá lugar precisamente dentro dun mes.
Nunha mañá de sol pero moi fría comezaron ás once da mañá as probas dos máis pequenos. En biberóns os vencedores foron Almahdi Belhaj e Noa Blanco; en prebenxamín, primeiros foron Anxo Blanco e Aloia Murado. En categoría benxamín, os vencedores foron Sergio Pedreira e Judith Lago. En alevín, campións Pablo Freire e María Prieto. En infantís, Diego Míguez e Carla Franco quedaron campións. En categoría cadete, os primeiros clasificados foron Martín García e Irene López.
A iso do mediodía deu inicio a proba absoluta, tanto en categoría masculina coma en feminina, cuns trescentos atletas vidos de diversas localidades galegas, ademais da popular andaina, que contou coa participación duns de 150 veciños e veciñas das Pontes.
En homes os primeiros clasificados foron Rodolfo Somovilla, do La Rioja Atletismo, seguido de Nicolás Domínguez, do Coruña Comarca, e Adrián Moreno, do Marineda Atlético. A gran atleta aresá, Paula Mayobre, foi a vencedora en categoría feminina, seguida de Sonia Vázquez, do Furafollas, e Tereza Ctvrtrickova, do Gallaecia Raid.
O control técnico de tódalas probas, que foron presenciadas por centos de espectadores, estivo a cargo de membros do Club Olympo de Atletismo.
Ó remate da competición procedeuse á entrega de medallas e trofeos ós gañadores por parte do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e varios concelleiros. Despois, e dado o éxito destas dúas primeiras edicións, houbo o compromiso de celebrar a terceira edición que será neste ano que acaba de comezar.
sansilvestre


RESULTADOS
Absoluto Masculino: 1º Rodolfo Somovilla (La Rioja), 2º Nicolás Domínguez (Coruña Comarca), 3º Adrián Moreno (Marineda).
Absoluto Feminino: 1º Paula Mayobre (Bikila), 2º Sonia Vázquez (Furafollas), 3º Tereza Ctvrtrickova (Gallaecia Raid).
Cadete Masculino: 1º Martín García, 2º Ángel Lagares.
Cadete Feminino: 1º Irene López.
Infantil Masculino: 1º Diego Míguez, 2º Daniel Da Silva, 3º Azdín Jeddaoui.
Infantil Feminino: 1º Carla Franco, 2º Lucía Rivadulla.
Alevín Masculino: 1º Pablo Freire, 2º Ejob Santamariña, 3º Mohamed Jeddaoui.
Alevín Feminino: 1º María Prieto Chao, 2º Antía Franco, 3º Alba Míguez.
Benxamín Masculino: 1º Sergio Pedreira, 2º Hugo Blanco, 3º Martín Álvarez.
Benxamín Feminino: 1º Judith Lago, 2º Minerva Lago, 3º Paula Dorribo.
Prebenxamín Masculino: 1º Anxo Blanco, 2º Antón Varela, 3º Adrián Cernadas.
Prebenxamín Feminino: 1º Aloia Murado, 2º Xiana Ulloa, 3º Celia Alvariño.
Biberón Masculino: 1º Almahdi Belhaj, 2º Lucas Blanco, 3º Ander Ferreiro.
Biberón Feminino: 1º Noa Blanco, 2º Martina Ferreiro, 3º Aitana López
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
sansilvestre
Nova cortesía de Susana Castro, Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios