ADXUDICADAS DEFINITIVAMENTE AS CONSTRUCCIÓNS DO CIRCUÍTO DE KARTS E DO MÓDULO DE ACTIVIDADES PARA A XANELA

37

[RTVEume] A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde definitiva á adxudicación da construcción do circuíto de karts e do módulo arquitectonico configurable para a prestación de servizos a discapacitados. Así as cousas, na sesión presidida polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, acordábase adxudicar definitivamente á empresa coruñesa Francisco Gómez y Cía. os traballos de construcción do circuíto de karts, o que suporá unha inversión de 383.000 euros. Unha vez pasado este último trámite, está previsto que nas vindeiras semanas arrinquen as obras deste circuíto de máis dun quilómetro de lonxitude e que servirá para completar a oferta de ocio da que xa forman parte o lago e a praia de As Pontes. Serán uns catro meses de obras que virán seguidos da adxudicación da xestión deste espazo e que se pretende tramitar dun xeito urxente xa que, tal e como anunciaban dende o executivo local ao inicio deste concurso, coas obras en marcha sacarase este segundo prego, co fin de que en xuño a pista de karts de As Pontes sexa unha realidade e que a cidadanía poida desfrutar este verán destas instalacións.


Asemade, na sesión celebrada hoxe tamén foi adxudicada definitivamente a construcción do módulo que servirá para albergar as actividades do colectivo de discapacitados A Xanela. A empresa Algeco Construcciones Modulares farase cargo destes traballos nos que se investirán un total de 130.770 euros. Este orzamento permitirá a construcción dunha estructura arquitectónica modular configurable de aceiro, madeira e aluminio, de 160 metros cadrados totalmente accesibles e adaptados con rampas ás persoas con discapacidade e que permitirá dar resposta a unha demanda xa de tempo atrás deste colectivo, que non contaba cun local propio.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios