RESULTADOS DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES: 26/27 DE XANEIRO DE 2013

41

Vitoria do equipo feminino no campo dos Calzados da Capela ante o CD Sar O Vinculeiro, de Padrón, por catro goles a un. A pesar de que comezaron adiantándose as visitantes a pouco de comezar, remontaron as azuis por medio dun hat trick de Noelia, con dous penaltis incluídos, que volveu tras lesión, igual que Jani, e o equipo notouno, e o cuarto de Sara dende fóra da área. Quintas con 30 puntos, quédanlles tres encontros, dúas visitas a Melide e Tordoia e recibir ó líder Dubra. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com
portada.jpg
O Numancia de Ares truncou a boa racha do As Pontes B, ó gañar no Poboado por 1-2, nun partido moi disputado e que estivo condicionado polo mal estado do terreo de xogo do anexo “José”. Adiantáronse os visitantes no minuto cinco por mediación de Javi, empatando os ponteses no minuto 66 por obra de Vilasuso. Cando todos pensaban nun empate chegou o tanto da vitoria dos de Ares (min. 81) por obra de Casta. Iván Rodríguez aliñou a: Nillo, Palas, Nando (Fermín, 66), Carlos, Cristián, Álex Antón (Vilasuso, 55), Ferreiro, Vicente (Hugo, 85), Marcos Novo (Moya, 55), Púas e Borja. Na vindeira xornada o cadro pontés xoga no campo do Barallobre.
futbol


futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
Importante vitoria do conxunto xuvenil que adestra Carballo por 0-1 (gol de Javi)na Coruña ante o Montañeros B, o que o aúpa á quinta praza aínda que con dous encontros menos, os que ten que disputar na casa, ante O Val e Eume. Con 31 puntos sitúanse detrás de Residencia e Galicia de Caranza (42), O Val (39), e VilaLbés (33). A próxima semana, visita ó líder.
O equipo cadete empatou a domicilio ante o Galicia de Caranza, 1-1 (gol de Nahúm). Son cuartos con 11 puntos por detrás do Val (21), Galicia de Caranza (19) e Perlío (13). Na vindeira xornada, partido no Poboado diante do Numancia de Ares.
Gran xornada para o equipo infantil que venceu por 6-1, no seu forzado exilio dos Calzados, ó Narón BP Piñeiros (goles de Sergio 2, Josiño 2, Andrés e Alberte), e aproveitouse do triunfo caseiro do finalista de copa, Portuarios, 2-1 ante o Racing de Ferrol, que comprimiu a liga. Primeira derrota dos verdes despois de 18 partidos, co que a clasificación queda liderada polo Racing con 18 puntos, As Pontes e Ortigueira 16, O Val, 15, e Portuarios, 13, cun partido menos. Visita a Cedeira o próximo sábado.
No grupo 1º, o alevín A perdeu na casa ante o líder Galicia de Caranza B (0-2). Sextos con catro puntos visitan ó Val, que marcha terceiro. O alevín B perdeu 3-2 (Xavi e Nono) ante o Galicia de Caranza E, no Grupo D. Oitavos con tres puntos reciben ó Galicia de Caranza C.
No grupo 2º, o benxamín A gañou 3-4 (Joan 2, Jandro e Adrián) en Cerdido ante o Cebarca e colócase segundo con 18 puntos, un por debaixo do Rápido de Neda. Reciben ó Cariño o sábado. Non tivo a mesma sorte o benxamín B no grupo 3º, pois perdeu 0-9 diante do Perlío B. Son novenos con catro puntos e visitan ó Animas na vindeira xornada.
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
Derrota do prebenxamín A, 2-5 (goles de Álex Montero) ante o Perlío. Seguen novenos cun punto e o sábado visitan ó segundo clasificado, Rápido de Neda B, que este sábado, no duelo de invictos, perderon 3-2 ante o Galicia de Caranza. O prebenxamín B segue oitavo clasificado cun punto no grupo 2º tras perder esta semana 8-1 diante do Racing San Pedro B en Ferrol. O vindeiro sábado reciben ó Cedeira B.
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios