Sabor agridoce no Campionato de España para o Sílex

76

O venres día 1 de febreiro comezou o Campionato de España Absoluto e Xuvenil da tempada de sala. Desputáronse durante todo o día as rondas de clasificación, e os dous arqueiros do Clube Sílex acadaron o seu pase ás eliminatorias.
Miguel Alvariño foi o primeiro deles en porse man á obra. Ás 12:30 horas abríase a pista para as tandas de quencemento e posteriormente tirar as 60 frechas da clasificatoria. Na primeira das mangas estivo moi acertado facendo 290 puntos sobre un máximo de 300. Con isto colocábase de primeiro na súa categoría con sete puntos de avantaxe sobre o segundo e o terceiro clasificados. No afloxou na segunda ronda, a que rematou con so un punto menos que a primeira, 289 puntos. Cun total de 579 clasifícase para as eliminatorias como primeiro cabeza de serie e coa moral ben alta ao manter o nivel que viña amosando durante toda esta tempada.
Xa pola tarde déronse cita no pavillón os participantes da modalidade de arco composto na que compite o noso compañeiro Xaquín Mira. Non tivo unha das súas mellores tardes, e a pesar de quedar con moitas frechas a moi pouco de tocar o dez da diana, sumou 285 puntos na primeira das rondas e 280 na segunda. Con isto conseguíu pasar entre os 32 arqueiros que na xornada do sábado se batirían nas eliminatorias directas.
silex_1.jpg


Tamén indicar que ámbolos dous, cada un na súa modalidade, sumaron entre os tres mellores dos galegos asistentes clasificando aos equipos de arco recurvo e arco composto para a fase final do Campionato de España de Equipos Autonómicos que se desputará o domingo á mañá.
En canto á fase eliminatoria volveu a abrir a xornada Miguel comezando en oitavos de final dado o número de participantes. Con 6-2 no marcador pasaba así á seguinte rolda. En cuartos de final a eliminatorias estivo moito máis igualada comezando o pontés poñéndose por diante, chegando a estar empatados 4 a 4. Pero no último set a maior puntuación do contrincante acabou coa esperanza que deu a boa clasificatoria de sair cunha medalla de La Nucia. No cómputo xeral Migel queda nunha meritoria 5ª praza.
No cadro de enfrontamentos de arco composto, Xaquín tiña un papel bastante máis complicado, xa que se tiña que ver as caras co terceiro clasificado na xornada anterior. Ainda así foi quen de empatarlle dous sets, e de atopar mellores sensacións que o venres, perdendo por 6-2. Con isto remata a competición individual no 17º posto.
silex_2.jpg
silex_3.jpg
Nova cortesía Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios