DOUS FUTBOLISTAS PONTESES NAS SELECCIÓNS GALEGAS

55

Importante adestramento o que ten hoxe a xogadora do cadete do CD As Pontes Raquel, pois decídense ás dezaoito xogadoras que representarán a Galicia na segunda fase do Campionato de España Sub16.
O adestramento terá lugar ás 19:45 no Campo de Santa Isabel en Santiago.
Difícil terá a selección galega conseguir meterse nas semifinais, pois para esta segunda fase, e a pesar de volver a exercer de anfitrión en Santa Isabel, tocoulle un dos cocos, a selección de Madrid, e Extremadura. Os encontros disputaranse esta fin de semana de Entroido.
Para esta convocatoria o seleccionador feminino chamou a vinte xogadoras, das que terá que descartar a dúas.
raquel.jpg


O Olivo: Paula Domínguez, Cecilia Fernández, Sara Alonso, Irene Fernández.
Atlético Arousana: Carla Falcón, Alba Ferre, Sara Pazos
Tomiño FF: Judit García, Irina Martínez
Bértola FF: Fátima Area, María Calvar
Orzán SD: Nerea González
Vilagarcía SD: Carmen Sumay
Milladoiro CF: Nuria Rábano
Villestro SD: Ariane Martínez
PM Friol: Claudia Calvete
EDA Arzúa: Helena Ramos
CCAR Valladares: Lidia Rodríguez
CD Conxo: Laura Boado
CD As Pontes: Raquel Bejar
Na convocatoria sub18 feminina destacar ás dúas recentes internacionais, a centrocampista Nuria Pérez do Friol e a medio centro Zaira Aido do Atlético Arousana.
Fornos_002.jpgPola súa parte o xogador pontés do Deportivo Enrique Fornos ten a súa segunda convocatoria neste 2013 de cara a preparar a segunda fase do Campionato de España Sub16.
Por 6-1 golearon ó CD Conxo de Liga Nacional Xuvenil no anterior compromiso hai 15 días, e nesta ocasión enfrontanse á SD Compostela da mesma categoría. Un rival en teoría mellor pois mentres o Conxo ocupa a 15º posición o Compostela está na 7º praza.
O encontro terá lugar este vindeiro mércores 6, ás 15:45, no Campo de As Cancelas, sito en Santiago de Compostela.
Dezanove xogadores convocou o seleccionador sub16 Anxo Doval entre os que non está o internacional sub16 celeste Hugo Pintos.
RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Aaron Sánchez, Alberto Leira, Pablo Cacharrón, Alejandro Rey.
RC Celta de Vigo: Álvaro Fernández, Brais Méndez, Yelko Alfaya, Diego Alende
Pontevedra CF: Jose Filgueira, Iago Martínez
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eloy Rollán
Bergantiños CF: Iván Baña
Pavillón Ourense: Saúl González
CD Lugo: Edgar Redondo
CD Areosa: Martín Fuentes
Arousa SC: Jorge Fontán
Montañeros BG: Pape Diop
Por outra banda, a selección sub18, que pasou con catro puntos, terá que botar man dos catro dianteiros internacionais Javier Fernández e Dani Iglesias (Deportivo) e Yelko Pino e Santi Mina (Celta).
Este último atópase en estado de gracia e esta pasada semana conquistou coa selección española sub18 o 39º Torneo do Atlántico. Comezou empatando España ante México, 1-1, tras perdoar varias empataron os aztecas no desconto, pero refíxose a selección vencendo a unha combativa Canarias, 0-1, e a Portugal, 1-2, tanto último de Santi Mina, co que España revalidou o título con sete puntos, por cinco de México, dous de Portugal e un de Canarias.
Na selección galega sub18 tamén están convocados os xogadores da comarca Juan Rodríguez e Carlos López (Racing de Ferrol) e o ferrolán Pablo Ramos do Montañeros.
Fotos cortesía de AF e RC Deportivo de A Coruña
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios