TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: C.D. BURELA B – O ESTEO F.S. (4-1)

35

Escudo-O-Esteo.jpgCada vez que no Esteo se organiza un evento no club, derrota segura. Pasou en Vilalba hai unhas xornadas e sucedeu este sábado en Burela. Á marxe desta anécdota, o conxunto pontés non estivo nada fino no encontro que o enfrontaba ó Burela B, equipo moito máis enchufado e que acabou goleando ós ponteses nun encontro con xogo igualado, sobre todo na primeira metade con ocasións para os dous equipos. Sen embargo, tan só un tanto subiría ó marcador. Foi a falta de vinte segundos para o descanso nun barullo na área pontesa que aproveitou Bruno para marcar. Nestes vinte segundos terían os ponteses dúas claras ocasións para lograr algún gol. Na segunda parte o Esteo saíu a por todas e meteu ó Burela na súa parcela creando moitas oportunidades para anotar, pero as intervencións do meta Brais desbarataron todo intento. Ós dez minutos, unha perda de balón serve ó cadro lugués para marcar o segundo tanto e posteriormente o terceiro, os dous por obra de Fabio. Este marcador adverso complicaba as cousas para o Esteo, que se ve obrigado a sacar porteiro-xogador, momento no que consegue o único tanto do partido por mediación de Héctor. Xa no minuto final o Burela establece o definitivo 4-1 con gol de Diego.
Pese á derrota, a terceira do campionato, os ponteses seguen na primeira posición cunha cómoda vantaxe de nove puntos sobre os inmediatos perseguidores, Xove, Pazos de Borbén e 5-Coruña. Na vindeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Cidade de Viveiro.


FICHA DO PARTIDO
BURELA B: Brais, Diego, Bruno, Carlos, Fabio –cinco inicial- Andrés, Eloy, Antón e Helder.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Bolly, Pelu e Héctor.
ÁRBITROS: Saa Mateo e Franco Veiga (Lugo). Amoestaron con tarxeta amarela a Carlos e Pellón.
GOLES: Min. 20 (1-0), Bruno. Min. 30 (2-0), Fabio. Min. 36 (3-0), Fabio. Min. 39 (3-1), Héctor. Min. 40 (4-1), Diego.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo novena xornada de liga da Terceira División disputado este sábado no polideportivo de Vista Alegre, de Burela, que rexistrou unha entrada duns cen espectadores.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios