RESULTADOS DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES : 8-9 FEBREIRO 2013

40

CD AS PONTES B (As Pontes B-R. Neda 2-1)
Moi ben o segundo equipo, que adestra Iván Rodríguez. Venceu (2-1 con goles de Villasuso e Borja) como local o exilio forzado da Capela ó Rápido de Neda e colócase no liderato nunha competición interesantísima que presenta a seis equipos separados por so dous puntos, As Pontes, Numancia de Ares e Miño teñen 39, Rápido de Neda e Ortigueira 38, e San Mateo 37. Precisamente complicada visita ó San Mateo a fin de semana que vén.
resultados


CD AS PONTES CADETE (Eume Dep.-As Pontes 1-2)
O equipo cadete venceu 1-2 (goles de David Rey e Iago) ó sempre complicado Eume. Afianzan a terceira praza con 17 puntos por detrás dos intratables Galicia de Caranza e Val, que teñen 25. Visita ó Cultural Maniños o sábado. A xogadora Raquel participou coa selección galega feminina sub16 e daremos conta ó longo da semana.
CD AS PONTES INFANTIL (Eume Dep.-As Pontes 2-6)
Importante vitoria do As Pontes infantil en Pontedeume 2-6 (marcaron Ayrton -3- Josiño e Sergio), co que manteñen o pulso con Racing e Ortigueira que non ceden terreo. Os verdes suman 24 por 22 de As Pontes e Ortigueira. Ó acecho está o Portuarios con 19 puntos. Unha complicada saída terán os de Iván Rodríguez que visitan ó quinto clasificado, O Val.
CD AS PONTES ALEVÍN (As Pontes-Portuarios B 2-5 / C. Maniños-As Pontes B 3-2)
O alevín A perdeu 2-5 (Jose e Chema) co Portuarios B. Oitavo con catro puntos visita ó Amistade de Meirás. O alevín B perdeu 3-2 ante a Cultural Maniños. Oitavos con 6 puntos reciben ó líder Eume B.
CD AS PONTES BENXAMÍN (G.Mugardos-As Pontes 3-8 / As Pontes B-S.Sadurniño 8-3)
O benxamín A gañou 3-8 ó Galicia de Mugardos e segue mantendo o pulso co Rápido de Neda, que ten 25 puntos por 24 dos azuis. A semana que vén reciben ó R. Ferrol B. Polo mesmo resultado tamén gañou o benxamín B (goles de Xoel -2- Hugo-2- Sergio -2- Yadai e Hugo) ó San Sadurniño e escala á oitava posición con 7 puntos. Visitan ó Miño na vindeira xornada.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN (As Pontes-Narón 3-5 / R. Ferrol C-As Pontes B 1-5)
O prebenxamín A perdeu 3-5 (Diego, Eloy e Álex) co Narón Balonpé e mantense cun punto empatado co Val. Para a semana visitan ó R. Ferrol que marcha con tres puntos. O prebenxamín B gañou na Malata (1-5) (David Carballo -3- e Antón) ó Racing de Ferrol C e sitúase sexto con 7 puntos. A vindeira semana reciben ó segundo clasificado, Galicia de Caranza B.
ENTERRO DO PREBENXAMÍN SAÚL
Sinalar que na tarde de hoxe familiares, compañeiros e amigos deron o derradeiro adeus no cemiterio dos Alimpadoiros a Saúl R.U., xogador do conxunto prebenxamín B do Club Deportivo As Pontes, tristemente falecido á curta idade de cinco anos nun desgraciado e fatal accidente de circulación acaecido sobre as dúas e media da tarde do domingo á altura do Monte Caxado na estrada que vai a Ortigueira, accidente no que tamén perdeu a vida un matrimonio tamén residente nas Pontes. Por tal motivo tódolos partidos que os equipos de base de fútbol-8 do Club Deportivo As Pontes que se ían disputar hoxe foron suspendidos. Igualmente o Concello de As Pontes decretou un día de loito oficial, polo que as bandeiras da Casa do Concello ondearon a media asta.
Enviamos o máis profundo e sentido pesar á familia do neno Saúl, así como ós familiares do matrimonio falecido.
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
resultados
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios