A SELECCIÓN GALEGA SUB16 QUEDOU A UN PUNTO DAS SEMIFINAIS

70

A piques estivo a selección galega cadete feminina esta fin de semana de meterse na última rolda do Campionato de España, xa que ó igual que a selección da Comunidade Valenciana e a gloriosa selección navarra, campiona de España Alevín en 2009, quedaron a un punto de acceder ás semifinais, ás que clasificaron Cataluña, Madrid, Andalucía e Baleares.
Galicia conservaba contra pronóstico un empate ante a potente selección de Madrid, pero a dous minutos do final, marcaron as madrileñas o 1-2 definitivo, os dous tantos de Montse do Atlético de Madrid Féminas.
Xa sen opcións, no derradeiro encontro venceron á selección de Extremadura por 2 goles a 0.
A selección finaliza a competición cun triunfo ante Canarias (1-0) e Extremadura, un empate ante Baleares (1-1) e a derrota ante a selección madrileña, con cinco goles a favor por tres en contra.
raquel.jpg


A clasificación despois de disputarse as dúas fases queda encabezada por Cataluña con 12 puntos, Andalucía e Madrid con 10 e Baleares con 8. Despois quedarían Galicia, Comunidade Valenciana e Navarra con 7 puntos, A Rioxa e o País Vasco con 6, Aragón, Castela León e Murcia con 4, Castela A Mancha 2 puntos, Asturias e Extremadura 1, e sen estrear o casilleiro Canarias.
Non participaron Cantabria, Ceuta e Melilla.
Cataluña, Andalucía e as Illas Baleares repiten clasificación á fase final no sub18, neste caso acompañadas da selección do País Vasco. Galicia finalizou con 4 puntos trala victoria ante Extremadura (2-0), o empate ante Canarias (0-0), e a derrota ante Baleares (0-1) e Madrid (1-3).
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios