BOA REPRESENTACIÓN DA PARELLA PONTESA DO CLUBE PADEL "EUME" NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE VETERANOS CATEGORIA +35

30

Os xogadores do equipo PADEL EUME MATOJOMA Fernando Caaveiro e “Pachi“ Dopico acadaban esta fin de semana as semifinais do campionato galego absoluto de veteranos na categoría de +35 anos.
Cun comezo algo dubitativo en octavos de final desfixeronse da parella coruñesa Javier lopez/David garcia en tres sets despois de desperdiciar unha avantaxe de 4/2 a favor no primeiro set perdendo este mesmo por 7/5 recuperandose logo nos dous seguintes e acadando a victoria por un doble 6/2.
En cuartos de final enfrontabanse a unha parella do clube san mateo de Ferrol Javier Fernandez/Antonio Gomez a priori uns rivais máis duros que os da primeria xornada, pero os xogadores do Eume Matojoma saliron moi enchufados e xa no primeiro set acadaron unha ventaxe de 5/0 para levalo por 6/3 e no segundo seguiu a mesma tónica 5/1 a favor e todo visto para sentencia co resultado final de un doble 6/3.
Na semifinal agardaban unha das mellores parellas galegas, o lucense Miguel Veiga e o arxentino Ernesto de los Santos “rulo” ex xogador profesional de padel con 12 anos no circuito pptour e na primeira división arxentina, a priori pouco podían facer os Ponteses.
Pero venderon cara a sua derrota, xa no primeiro set desperdiciaron 3 bolas para poñerse con 3/1 a favor e xa se sabe o que perdoa , 6/3 en contra , foi no segundo set donde con moita defensa e agresividade nas boleas rompían o saque no 4/4 os seus rivais conseguindo adiantarse no momento axeitado sacando para cerrar un set espectacular 6/4 para os Ponteses.
Xa no ultimo set o xogador arxentino deu un autentico recital de padel sacando bolas en defensa incribles e desquiciando os nosos, con unha frialdade incrible dominou de cabo a rabo o set 6/1 en contra.
Os componentes de Eume Matojoma firmaron un bon campionato de menos a máis na sua primeira participación .
semis.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios