TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – CIDADE DE VIVEIRO F.S. (10-0)

35

O resultado final reflicte o que sucedeu no partido entre ponteses e viveirenses, total dominio do conxunto das Pontes de principio a fin, que ó descanso xa vencían por un contundente 5-0, con goles de Bolly, Fran, Pellón e dous de Rubi. Na segunda metade continuou o dominio absoluto dos ponteses sobre un Viveiro que pouco puido facer ante o intratable líder da categoría. Nesta segunda parte marcaron Fran e Pelu, por partida dobre, ademais de Rubi que marcou o terceiro da súa conta particular.
O Esteo segue na primeira posición, agora con doce puntos sobre os inmediatos perseguidores, xa que todos pincharon nesta xornada. O Vilalba venceu pola mínima (1-0) ó Pazos de Borbén e perderon na casa o Xove diante do Ventorrillo (2-5) e o 5-Coruña ante o Bueu (3-5), ó que visitarán os ponteses na vindeira xornada.


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pellón, Héctor, Pelu, Gerveno e Iván.
CIDADE DE VIVEIRO: Miguel, David, Antonio, Manuel A., David Díaz –cinco inicial- Pablo, Marcos, Mateo e Manuel.
ÁRBITROS: Dans Rey e Corrochano Ibáñez (A Coruña).
GOLES: Min. 1 (1-0), Bolly. Min. 5 (2-0), Fran. Min. 8 (3-0), Rubi. Min. 9 (4-0), Rubi. Min. 13 (5-0), Pellón. Min. 22 (6-0), Fran. Min. 30 (7-0), Rubi. Min. 33 (8-0), Pelu. Min. 37 (9-0), Pelu. Min. 38 (10-0), Fran.
INCIDENCIAS: Partido da Terceira División de fútbol sala disputado este sábado no pavillón da Fraga, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios