A pola primeira participación nacional

49

Os irmáns Cristina e Daniel Castro Barcala viaxarán ata Navarra, concretamente á localidade de Olite, para desputar o VI Campionato de España de tiro en sala de menores de 14 anos e cadete respectivamente a próxima fin de semana. Comezarán o sábado 23 de febreiro os participantes das modalidades en categoría cadete con dúas rondas clasificatorias de 30 frechas a 18 metros. Na tarde do mesmo día serán os menores de 14 anos quen tirarán as súas 60 frechas para definir os cadros de eliminatorias. Será o domingo pola mañá cando se decidan os postos fináis cos enfrontamentos directos para proclamar ás Campionas e aos Campións.
Para ámbolos dous será a primeira participación nun campionato estatal, xa que sempre se procurou que foran paso a paso na súa formación deportiva. Son arqueiros que a Federación Galega inclue nas convocatorias de tecnificación que organiza dentro das directrices do PNTD (Plan Nacional de Tecnificación Deportiva) da Federación Española. Xa nos teñen amosado un bo nivel neste último ano tanto a nivel individual coma na Liga Galega de Equipos chegando a acadar o bronce co equipo de Clube Sílex.
Será para eles a toma de contacto co ambiente e a mellor comparativa co nivel que teñen o resto de arqueiras e arqueiros que farán que este deporte siga medrando.


Nova cortesía Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios