RESULTADOS DA FIN DE SEMANA (15-17 DE FEBREIRO) DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

38

Perdeu o segundo equipo do Club Deportivo As Pontes (3-2) ante o San Mateo e pasou da primeira á quinta posición. Rápido de Neda e Ortigueira (que venceu 3-0 ó Numancia de Ares) 41 puntos, San Mateo e Miño 40, e As Pontes e Numancia 39. A vindeira xornada reciben no Poboado ó Ánimas.
Tamén derrota do equipo xuvenil en Santiago diante do Atlético Fátima (3-1). Distanciase o Galicia de Caranza, que venceu 3-0 ó Racing Vilalbés, e aproveitouse do empate do Residencia (1-1) en Viveiro. O Galicia de Caranza ten 51 puntos, por 47 de Residencia e 45 do Val que está á espera dun fallo dos primeiros. Logo están EF Lalín e Racing Vilalbés con 36, Fátima con 35 e o As Pontes baixa ata a sétima praza con 34 puntos. Na vindeira semana enfrontase no Poboado co Boiro que está tres puntos por debaixo.
futbol_inicio


O equipo cadete venceu por 1-2 (Roberto e Brais Blanco) ó Cultural Maniños e aséntase na terceira praza con vinte puntos, seguido do Narón con 18. Non ceden no seu pulso Galicia de Caranza e O Val que teñen 28, e que se verán as caras o vindeiro sábado mentres o As Pontes recibe na casa ó Meirás.
Vitoria do equipo infantil de Iván Rodríguez que gañou na casa do Val (1-5), tantos de Sergio Otero (3), Ayrton e Josiño. Aínda que na súa liga non afrouxa ninguén e así lidera o Racing de Ferrol con 27 puntos seguido de As Pontes, un revitalizado Portuarios e Ortigueira con 25. Precisamente os do Ortegal visitarán o sábado As Pontes nun partido que presume estar moi igualado.
Gran vitoria do Alevín A que venceu 2-3 (Javi -2- e Jose) ó Amistade de Meirás e escala á sétima posición con 7 puntos. Novo partido a domicilio, contra o terceiro clasificado, o Narón. O Alevín B perdeu 0-3 no Poboado co líder Eume Deportivo B. Oitavo con 6 puntos reciben o sábado ó Cebarca, que ten a mesma puntuación.
Moi ben o Benxamín A que gañou (5-1) ó Racing de Ferrol B e segue a súa particular loita co Rápido de Neda que non afrouxa, aínda que nesta xornada custoulle gañar ó Galicia de Mugardos por 3-2. Rápido de Neda con 28 puntos e As Pontes con 27. Complicado rival o sábado, o Cedeira B, cuarto con 20 puntos. O Benxamín B perdeu (6-2) ante o Miño. Oitavo con 7 puntos visita ó pechacancelas Eume Deportivo B o vindeiro sábado.
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
Empatou (2-2) o Prebenxamín A diante o Racing Ferrol na Malata e sumou o seu segundo punto. Nova visita, neste caso, ó Eume Deportivo, o sábado que vén. O Prebenxamín B tamén empatou a dous goles no Poboado (Anxo Blanco e David Carballo) ante o Galicia de Caranza B. Sextos con 8 puntos, reciben o vindeiro sábado ó Galicia de Caranza D.
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
HOMENAXE Ó XOGADOR PREBENXAMÍN SAÚL
En tódolos partidos que disputaron os distintos equipos do Club Deportivo As Pontes gardouse un emotivo minuto de silencio na memoria de Saúl Rivera Urueña, xogador do equipo prebenxamín B, tristemente falecido nun fatal accidente de circulación ocorrido o pasado domingo 10 na estrada que vai a Ortigueira á altura do Monte Caxado e no que tamén faleceu unha xove parella veciña das Pontes.
Toda a familia do neno Saúl fainos chegar unha nota na que queren expresar, a través deste medio, o seu agradecemento polas numerosas mostras de agarimo recibidas por moitos veciños e amigos con motivo da perda, neste fatal accidente de circulación, do seu ser querido.
saul
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios