3ª XORNADA PADEL EUME MATOJOMA AFIANZA O LIDERATO

22

cubo.pngTerceira xornada da liga Rias Altas de padel na quinta división grupo III , os rapazes ponteses afianzaron a sua primeira posición con unha victoria traballada (4/1) ante o clube coruñes Padel Feans .
As duas primeiras parellas pontesas en entrar en liza foron ; Jose Roca/Dario Vivero e Poty leal/Santi Barro.
Os primeiros pagarón un pouco a novatada no seu debut e tiveron enfrente uns rivais complicados que non lles deron ninguna opción para o triunfo , caian por 6/1 6/0.
Entraba o mesmo tempo a segunda parella pontesa que non tiveron apenas problemas para derrotar os coruñeses en pouco menos de unha hora por un 6/2 6/3.
Turno para David Lago e Xalo Maira que escomezaron o seu partido un tanto despistados cun marcador de 5/1 abaixo sairon do seu letargo e endosaron un parcial de 12 xogos a cero para vencer por 7/5 6/0.
Toni Purriños e Santi Franco apenas tiveron rivais e venceron o seu punto cómodamente por un doble 6/1.
E por último Manuel Ferro e Jorge Rivas tiveron o partido mais igualado pero con saber estar e moita tranquilidade venceron o cuarto punto por un 6/4 7/5.
Padel Eume Matojoma tera a vindeira semana un desprazamento crucial o enfrentarse o colider do seu grupo Padel Ames do cal saira un líder destacado que terá moito dito para a clasificación final.


Nova cortesía Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios