LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 1 CD BOIRO 3

49

Segunda derrota consecutiva do equipo xuvenil de Liga Galega, nun partido extraño, no que se impuxo a lei irrefutable de que no fútbol non gaña o equipo que crea máis ocasións, senon o que máis goles marca.
Adiantaronse os visitantes na primeira metade e na segunda empatou Javi con un golazo.
Dominou, presionou e tivoas ben, algunhas moi claras, o As Pontes, Adrián (3), Darío, Montero, Criado e Magi, pra poñerse por diante, pero sen embargo foi o rival, que, ben plantado, e a pesar de chegar en ocasións esporádicas, facíao con moito perigo, asi marcou un gol dende fóra da área, dúas que pasaron moi preto da porta, unha boa xogada que salvou Diego ó quite, e un contragolpe xa no desconto co que anotaron o 1-3 definitivo.
Derrota dolorosa, coa que o equipo de Boiro supera ós azuis e incluso sitúa ó As Pontes en posición perigosa, nunha liga moi competida onde gañando ou perdendo un partido pasas de escalar a baixar moitos postos.
xuvenil


A pesar dos dous partidos pendentes situanse décimos os azuis con 34 puntos. Hai que andar con ollo, porque semella que poden descender de Liga Nacional catro equipos do Norte, co que nesta Liga Galega Norte os descensos serían seis, e agora os azuis o alonxan o descenso en 5 puntos, coa criba que marcaría o Orillamar con 29, e con moitos partidos aínda por xogarse. Así que gañar algún dos dous partidos aprazados semella clave pra tomar un pouco de oxíxeno.
Non é partido propicio para recuperarse a visita a semana que ven ó Lugo B, pero os de Carballo deberán tentar de sacar algo positivo en terras lucenses.
Xogaron Krikry, Darío (Saviola 70´), Rubén, Gonza, Diego, Alex Montero, Adrián (Capela 85´), Esteban (Jandro 85´), Magi (Tiny 75´), Javi e Criado (Filgueiras 85´).
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios