Resultados do Grupo Xuvenil de Piragüismo no campionato galego de inverno

43

Este sábado celebrouse nas instalacións de Verducido en Pontevedra o Campionato Galego de Inverno de Pista de Piragüismo sobre a distancia de 5000 metros.
O club pontés participou so con tres dos seus membros pero que acadaron uns resultados moi satisfactorios: David Tonislavov rematou na decimoquinta posición en K1 home cadete, na mesma categoría Carlos Durán acadou o posto 78. O veterán Ernesto Gancedo rematou na 7ª posición na súa categoría.
Por clubes o Xuvenil conseguiu situarse como o 23º clasificado, nunha regata que como ven sendo habitual participaron todos os clubes de pista de Galicia, pese ao mal tempo que acompañou toda a xornada.
xuvenil_1.jpg


xuvenil_2.jpg
Nova cortesía do Grupo Xuvenil de Piragüismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios