A Plataforma na Defensa do Patrimonio de As Pontes fai público o seu informe anual sobre o estado do patrimonio cultural do municipio

120

Portada_Informe.jpgA entidade pontesa presenta un riguroso traballo de documentación no que expón as diferentes cuestións que afectan ao patrimonio cultural da localidade pontesa. Nel analízanse pormenorizadamente as orixes da destrución patrimonial no concello, o papel das administracións públicas, algúns aspectos relacionados coa lexislación en materia de conservación e protección do patrimonio, así como as principais problemáticas e potencialidades dos recursos culturais locais.
O informe denuncia ademáis os incumprimentos por parte do Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas e o propio concello, en materia de divulgación da información científica xerada polo laboratorio no marco de varios convenios de colaboración anuais e a perda desta información xerada durante catro anos con diñeiro público. O documento que sinala que o orzamento co que contaba o LIA para o ano 2003 ascendeu a 150.000 euros, ampliados en anos sucesivos ata acadar a cifra de 300.000 euros, denuncia que a día de hoxe, o Concello de As Pontes, non conta cos datos recopilados polo laboratorio nos seus 4 anos de funcionamento e comprometidos por convenio.
O documento aclara tamén as circunstancias que motivaron a paralización das obras no casco histórico de As Pontes e o papel que xogou a entidade na defensa do patrimonio cultural da vila. A Ponte dos Ferros, a Fonte das Boliqueiras e o Cristo da Penamoura son algúns dos elementos afectados recentemente aos que se fai referencia no informe.
Preme na ligazón para descargar o Informe sobre o estado do patrimonio cultural do concello de As Pontes, 2013

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios