COPA GALEGA FEMININA (1ª Fase): CD AS PONTES – ATLÉTICO MELIDE (0-1)

43

Mal debut do cadro de Salido, con derrota na casa ante o Atlético Melide (0-1) nun grupo no que tamén están Rúa e Orzán B, e no que para clasificarse deben tentar quedar nun dos dous primeiros postos.
Tampouco fixo moito o cadro visitante, que viña con 12 xogadoras xustas, pero un tanto no minuto vinte e unha boa defensa no resto do encontro, amén da carencia de gol que padece o equipo azul, déronlle os tres puntos, que poden ser moi importantes para as melidenses.
No primeiro tempo destacar polo cadro local, un tiro de Lía, e, sobre todo, un trallazo de Malena Mieres, unha gran fichaxe a pesar dos seus 12 anos, dende fóra da área que se estrelou na cruceta, preto do descanso.
No segundo tempo, nada máis saír unha internada de Carlota por banda esquerda que prolonga Noelia, cáelle nos pes a Lía, que case sen querer estivo a piques de marcar, pois a porteira visitante salvou sobre a mesma liña. Pero o resto dos últimos 45 minutos foi un quero e non podo por parte das locais. Por parte visitante, algunha falta perigosa dende lonxe e o resto das aproximacións ben defendidas por Silvia e Mireia.
feminino


De comezo, polo cadro pontés saíu a gran defensa Noelia como dianteira, ante as carencias ofensivas locais, e tamén a pequena Paula, e no segundo tempo sacou Salido toda a artillería con Alba e Rochela, e Carlota por banda, pero ó equipo cústalle moitísimo marcar gol e o tanto de Dulce resultou ser decisivo e ó final definitivo. Visita ó Orzán B a semana que vén.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD AS PONTES, Leti, Mireia, Andrea, Silvia, Nuria (Sheila 82´), Noelia A, (Patri Rochela 61´), Malena, Lía, Noelia, Carla (Carlota 45´), Paula (Alba R 68´).
ATLÉTICO MELIDE. Tamara, Nati, Ángeles, Cristina, Paula, Patri, María F, Dulce, Belén, Iria (María L. 85´), Adriana.
Gol: 0-1, Dulce (20´).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Menos de medio cento de espectadores nas gradas en tarde soleada.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios