CLUB DE PÁDEL AS PONTES

132

Vitoria do equipo feminino en Carballo (2-3)
O equipo feminino do Club Padel As Pontes colleitou a segunda vitoria na Liga de 5ª División das Rías Altas ó vencer a domicilio ó Grupo Bergantiños 3s3 Padel polo resultado global de 3-2.
No primeiro partido a parella formada por Rocío Guizán e Sandra Pajón venceron ás carballesas por 2-0 (4-6 e 5-7) logo de remontar un 5-1 adverso no segundo set. Mónica Tojeiro e Carmen Montes perderon por 2-1 (6-4, 3-6 e 6-3), o mesmo que Erika Sanz e Sonia Manuel (6-1 e 6-1). Os outros dous puntos que supuxeron o triunfo das pontesas foron para as parellas formadas por Carmen Sánchez e Mercedes Dopico (3-6 e 1-6) e as irmás Obdulia e Cecilia García (3-6 e 2-6). Despois de cinco enfrontamentos o As Pontes Feminino ocupa a novena posición con dous puntos.
Na sexta xornada, domingo 10 de marzo, as pontesas reciben nas pistas da Canle IV ó conxunto ADC Padel Nito, de Viveiro, que ocupa a segunda posición con catro vitorias en outros tanto enfrontamentos.
padel_0001.jpg
Derrota do equipo masculino diante do Pádel Narón (5-0)
Non tivo a mesma sorte o conxunto masculino que caeu no seu desprazamento a San Mateo, onde perdeu co Club de Pádel Narón por 5-0. O equipo pontés ocupa a quinta praza, no grupo 1º, o máis difícil da categoría. Na vindeira xornada viaxa novamente fóra de As Pontes para enfrontarse o vindeiro sábado, 9 de marzo, ó Pádel D3, de Bergondo.
Padel-1.jpg


UN POUCO SOBRE O PÁDEL
O pádel é un deporte relativamente xoven practicado dende os anos oitenta do século pasado. É un deporte de equipo, sendo México, Arxentina, Brasil, Canadá, Uruguai, Chile, así como o Reino Unido, España e Portugal os países onde o pádel tivo un gran desenrolo. O PPT é o circuíto máis importante de este deporte a nivel internacional, sen deixar de lado os campionatos mundiais.
Xógase nunha pista de 10 metros de ancho por 20 de longo. Os fondos son paredes ou muros de tres metros de alto. As paredes laterais son de tres metros de altura e catro metros de lonxitude. O resto dos lados péchase cunha malla metálica. A metade da pista está separada por unha rede. A superficie da pista pode ser de cemento, céspede sintético ou moqueta de cor verde, azul ou pardo terra.
Xógase cunha pelota de goma de 6,32/6,77 cms. de diámetro e un peso de 56,00/59,40 gramos. A pala non debe pasar de 45,5 centímetros de longa e 26 de ancho.
Este deporte foi inventado na cidade mexicana de Acapulco en 1969 por Enrique Corcuera. A puntuación dos enfrontamentos é semellante ó tenis.
O campionato do mundo vense celebrando cada dous anos dende 1992, sendo o primeiro campión Arxentina, que logrou o título nese ano, con España como subcampioa. Estes dous países repártense os once títulos mundiais, Arxentina en oito ocasións (1992, 1994, 1996, 2000, 2002, 2004, 2006 e 2012) e España en tres (1998, 2008 e 2010), sendo subcampioa en seis campionatos e un en terceira posición.
Na categoría feminina tamén pasa o mesmo, con Arxentina e España nas primeiras posicións. Arxentina logrou o campionato mundial nos anos 1992, 1994, 1996, 2002, 2004, 2006, 2008 e 2011. España acadou o título mundial nos anos 1998, 2000 e 2010, sendo subcampioa en sete ocasións.
padel_0002.jpg
padel_0003.jpg
padel_0004.jpg
Nova: Pádel As Pontes e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios