RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES: 1/4 – MARZO – 2013

47

TERCEIRA DIVISIÓN: CCD CERCEDA – CD AS PONTES (2-0)
Derrota do As Pontes de Terceira División, 2-0 en Cerceda, con tantos de Marcos Remeseiro no primeiro acto e Pablo Antas no segundo, co que na segunda volta o As Pontes so suma un triunfo nas súas catro visitas. Tivo dúas moi claras o cadro azul, Dieguito e Cañi, pero un sensacional tanto de falta adiantou ós locais. Nos segundos 45 minutos Sergio Arias tivo unha boa opción, aínda que Quique Cubas tamén tivo algunha, ata que Antas aproveitou un man a man con Kiko para sentenciar. Xogaron Kiko, Rochela, Jorge Nano (A), Chote, Pablo López (Eloy 80), Dani, Dieguito (David Amado 80), Bossa, Arias, Cañi (Iván González 56 A) y Pablo Domínguez (A).Noveno con 40 puntos, sigue mantendo 13 puntos de vantaxe co Vilalonga. O sábado derby ante o Vilalbés, décimo segundo con 36 puntos.
benxaminA.jpg


SEGUNDA AUTONÓMICA: Gª CARANZA – CD AS PONTES (2-2)
Empate a 2-2 do segundo equipo en Caranza, que o distancia dos postos de ascenso, pois Neda (47) e Miño (46) non afrouxan, nun segundo escalón Ortigueira con 44, e xa máis abaixo, San Mateo e As Pontes con 41, e un Cariño en boa racha (0-3 no campo do San Mateo) e Numancia suman 40. Precisamente o cadro de Ortigueira visita o Poboado nunha xornada na que o Neda-Miño será o partido estrela.
COPA GALEGA FEMININA: CD AS PONTES – ATL. MELIDE (0-1)
Ver información partido nesta mesma web e en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
LIGA GALEGA XUVENIL: CD LUGO B – CD AS PONTES (6-1)
Terceira derrota consecutiva do equipo xuvenil, que se complica moito a súa permanencia na categoría, ademais derrota contundente por 6-1 ante o segundo equipo xuvenil do Lugo. A pesar de que nesta categoría so baixan dous, ten a mala coincidencia o cadro pontés de que de Liga Nacional descenden de momento catro equipos do Norte, Calasanz, Ordes, Conxo e Ural, co cal habería catro arrastres. Eume (9), Viveiro (13) e Brexo lema (18), semellan ter moi complicada a salvación, e se descende o Conxo A descendería automaticamente o Conxo B, pero as outras dúas prazas están moi disputadas. Fraco favor fixeron os equipos da comarca, Caranza e O Val, perdendo contra Orillamar e Bergantiños, e hai que agradecer que o Brexo Lema gañase ó Montañeros B, e así agora mesmo os outros dous postos de descenso xogaranse entre Milagrosa e Negreira 35, Boiro, Bergantiños, As Pontes 34, Orillamar 32 e máis desafiuzado Montañeros B 28. É necesario gañar algún dos partidos aprazados, e ó Negreira, rival directo, o vindeiro sábado, no Poboado.
CATEGORÍA CADETE: CD AS PONTES – Gª MUGARDOS (1-0)
Vitoria sufrida, pero merecida, do conxunto cadete por 1-0 (gol de Roberto) diante do Galicia de Mugardos. Aproveitase da derrota do Narón para apuntalar a súa terceira praza diante dos intratables Caranza (34) e O Val (31). As Pontes ten 26, por 18 do Narón. Precisamente visita o campo de Cadaval o vindeiro sábado.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
CATEGORÍA INFANTIL: SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (1-2)
Sensacional o infantil que derrotou a domicilio a un bo Portuarios, 1-2 (Martín e Jandro), finalista de Copa, que perdeu os seus enfrontamentos cos azuis, os dous de Liga, e a copa por penaltis, e só o todopoderoso Racing de Ferrol, que ten ós mellores xogadores da comarca, e este sábado goleou ó cuarto clasificado Ortigueira 6-1, vai por diante. Os verdes suman 33, por 31 do As Pontes, 28 do Portuarios e 25 do Ortigueira. O sábado visita o Poboado o Numancia de Ares.
CATEGORÍA ALEVÍN:
CD As Pontes-GªCaranza (5-0)
Cedeira SD B-CD As Pontes B (0-8)
Gran vitoria do Alevín A por 5-0 (Alejandro -2- Jorge, Dani Dasilva e Jose) ante o Galicia de Caranza D. Sétimos con 11 puntos reciben ó Galicia de Mugardos, oitavo. Pola súa banda, o Alevín B goleou 0-8 (Vicente -3- Xan, Nono, David, Brais e Xoel) ó Cedeira B e situase sexto con 12 puntos visitando ó Xuventude Cabanas, 4 puntos por debaixo, o vindeiro sábado.
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
CATEGORÍA BENXAMÍN:
CD As Pontes-R. San Pedro (2-1)
Eume Dep.-CD As Pontes (3-5)
CD As Pontes B-Cedeira SD (4-2)
Importantes e sufridas vitorias do Benxamín A, 2-1 (goles de Javi e Joan) ó San Pedro, nun partido aprazado disputado o venres e que foi arbitrado por un colexiado de trece anos (Diego Bouza), e 3-5 (Javi -2- Jandro, Joan e Dani) ó Eume, o que lle dan o liderato do grupo con 36 puntos, por 34 do Neda, a pesar de que volveu gañar por un só gol, 3-4 ante o Cedeira B. Transcendental partido o sábado que vén, Rápido de Neda-As Pontes. Moi ben o Benxamín B que gañou 4-2 (Sergio -2- Iker e Samuel) ó Cedeira e se sitúa oitavo con 13 puntos descansando a semana que vén.
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
CATEGORÍA PREBENXAMÍN:
CD As Pontes-GªCaranza (4-7)
CD As Pontes B-SDR Portuarios (3-2)
R.Ferrol B-CD As Pontes (5-5)
Derrota 4-7 (Álex -3- e Sergio) do Prebenxamín A diante do intratable líder Galicia de Caranza, pero con moi boas sensacións o equipo pontés, que este luns disputou en Ferrol o partido aprazado diante do Racing B empatando a cinco goles (Álex -3- Diego e Ángel Purriños). Oitavos con 6 puntos, reciben ó colista O Val, que ten un punto, precisamente o conseguido no encontro de ida (1-1). O Prebenxamín B disputou o venres o partido aprazado vencendo pola mínima (3-2) ó Portuarios con goles de Bruno, Antón e David e con arbitraxe doutro colexiado de 13 anos, Marcos Padín. O vindeiro sábado visita ó líder, que suma todos os partidos por vitorias, Numancia de Ares.
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios