TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: GRUPO 7a9 CAFYD – O ESTEO F.S. (0-3)

61

Escudo-O-Esteo.jpgO colista caeu diante do líder dando a cara nun partido no que o Esteo nunca andivo cómodo e tivo que esforzarse moito para levarse os tres puntos do pavillón marinense. Dende o inicio os locais saíron a polo partido e con moita presión puxeron en apuros ó líder. Tivo que ser nunha xogada de estratexia como chegaría o primeiro gol ós tres minutos de xogo nun saque de esquina que converte Rubi. Sen embargo, o xogo seguiu sendo o mesmo cun Cafyd que creou oportunidades para empatar, pero o marcador non se moveu chegándose ó descanso co 0-1 a prol dos visitantes. No segundo tempo continuou co xogo do cadro local de querer sacar algo positivo. Pero, ós tres minutos o Esteo non falla nunha contra para establecer o 0-2 por mediación de Gerardo. A falta de cinco minutos o cadro pontevedrés saca porteiro-xogador e dispuxo de boas ocasións para marcar, pero o gol non chegou e si para os visitantes cando o tempo regulamentario estaba case rematado, marcando novamente Gerardo nun disparo dende o seu propio campo nun partido no que o conxunto local mereceu algo máis diante do líder da competición, que continúa na primeira posición a nove puntos do segundo clasificado.


FICHA DO PARTIDO
GRUPO 7a9 CAFYD: Álex, Víctor, Iván, Asier, Rubén –cinco inicial- Fabián, Marcos, Kinso, Rebo e Chenlli.
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Héctor, Rubi –cinco inicial- Pellón, Pelu e Gerveno.
ÁRBITROS: Dacal Deza e Comesaña Goberna (Vigo). Tarxeta amarela ós locais Kinso e Rebo
GOLES: Min. 3 (0-1), Rubi. Min. 23 (0-2), Gerardo. Min. 40 (0-3), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da 23ª xornada de Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón da Raña, de Marín, con pouca presenza de afeccionados, apenas un medio cento de espectadores nas gradas.
EQUIPO XUVENIL: Vilalba FS – O Esteo FS (1-4)
O conxunto xuvenil sumou unha importante vitoria en Vilalba, onde gañou por 1-4 en partido da liga nacional disputado no pavillón municipal vilalbés. Xogaron polo Esteo: Iago, Alberto, Jacobo, Pablo, Santi, Galego, Picos e Rouco. Alberto, Pablo, Santi e Picos foron os autores dos goles dos ponteses.
Despois desta xornada, o Esteo colócase na oitava posición con 18 puntos. Na vindeira xornada recibe o domingo no pavillón da Fraga ó Leis Pontevedra, décimo con 17 puntos.
PARTIDOS PRÓXIMA XORNADA
TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (24ª)
O ESTEO F.S. – U.V. VENTORRILLO F.S.
Sábado 9 (17,30) – Pavillón da Fraga (As Pontes)
LIGA NACIONAL XUVENIL
O ESTEO F.S. – LEIS PONTEVEDRA F.S.
Domingo 10 (12,30) – Pavillón da Fraga (As Pontes)
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios