LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 – SD NEGREIRA 0

28

Victoria moi importante do cadro xuvenil pontés ante o Negreira por 2 tantos a 0, goles marcados por Javi e Jandro.
Tras poñerse dous goles por diante o As Pontes administrou a ventaxa, e apenas pasou apuros salvo un disparo lonxano faltando un cuarto de hora no que Krikry exerceu de Diego López e desviou a córner coa punta das luvas.
Aínda así nos últimos minutos o que máis mereceu ampliar o marcador foi o cadro azul, que tivo varias para marcar, a destacar unha de Javi que estivo lento no remate, unha internada do gran Saviola ó que se lle escapa o balón, ou unha moi clara de Criado co porteiro descolocado.
Non se moveu o marcador e o As Pontes sumou tres puntos vitais e así o equipo de Carballo tamén adianta na clasificación ó Negreira e ponse undécimo con 37 puntos, momentáneamente catro por riba do descenso, e con dous partidos pendentes. Pero non hai que confiarse e a semana que vén enfrontaranse cun rival directo que suma os mesmos puntos, a boa canteira do Bergantiños en Carballo.
xuvenil


Como fixo hai un ano e medio a selección española junior no Mundial de Hockei a Patíns que asaltou Portugal e venceu 2-7 ós maravillosos lusos, o mesmo fixo hoxe o Caranza na casa do Val ó que goleou polo mesmo resultado, 2-7, tras perder a semana pasada ante o Orillamar 0-3.
Con este resultado e coa apurada victoria do Residencia ante o Lugo B (1-0), ambos equipos suman 54 puntos e casi sentencian o seu ascenso, O Val está con 45 e un partido menos, o que ten que xogar no Poboado, e logo con 42 están Fátima e Villalbés.
Xogaron Krikry, Saviola, Rubén, Darío, Esteban, Juancito, Jandro (Adrián 62´), Alex Montero (Gonza 87´), Javi (Tiny 82´), Dani Villar (Capela 72´) e Criado (Diego 90´).
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios