PADEL EUME MATOJOMA SUMA E SEGUE

30

Primeira xornada da segunda volta na liga Rias Altas de padel, os ponteses visitaban o conxunto coruñés do Arena Padel o sábado as 16h , o encontro saldouse de forma favorable para os de padel eume por un marcador de 2/3 dando un pequeño paso mais de cara a os play off de ascenso na sua primeira e exitosa temporada.
A primeira parella pontesa formada por Daniel Pena e Santi Barro tiveron un partido moi doado de puro tramite saldándose por un doble 6/0.
Como segundos entraban David Lago e Santiago Vilaboy comezando o partido con moitas dudas e nervos sobre todo por este ultimo que pagou unhas ultimas semanas de baixa por lesión perdendo asi o tan importante ritmo de competición , caian derrotados por 6/3-6/4.
Xalo Maira e Pedro López xogaban no terceiro enfrontamento cun primeiro set doado o comezo pero que se lles foi complicando pouco a pouco, cabe destacar a templanza e serenidade nos derradeiros momentos do primeiro set dos nosos xogadores levando o mesmo por un axustado 7/5 o segundo colocaronse cun 5/1 a favor moi rápidamente co cal sentenciaban o partido levando a manga por 6/3.
A cuarta parella pontesa formada por Javier Bellas e Dario Vivero tocaballes un duro oso que roer ; a mellor parella dos coruñeses pero lonxe de amedrentarse xogaron un primeiro set primoroso chegando o final da primeira manga cun 4/4 no marcador e 15/40 con duas bolas para rachar o servicio dos rivais e ter o seu saque para cerrar, pero os anfitrions sacaron o seu mellor padel e derrotaban os ponteses por un 6/4 na primeira manga. O set deixou tocado os ponteses e pagarono entregando o segundo de forma clara , resultado 6/4 6/0 para os coruñeses pero espectacular partido dos nosos.
Quinta e derradeira parella pontesa formada por Angel Cañizares e Marcos Fdez, partido sinxelo e placido para os nosos que en pouco mais de media hora sentenciaban o enfrontamento por un claro 6/2 6/1.
PADEL EUME MATOJOMA pode sentenciar o grupo e quedar campion do mesmo o vindeiro sábado se derrota na casa o segundo clasificado squash Santiago , esperemos as boas novas .
padel_0001.jpg


padel_0002.jpg
padel_0003.jpg
padel_0004.jpg
padel_0005.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios