RESULTADOS DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES: FIN DE SEMANA 8-10 DE MARZO

82

Empate (2-2) do equipo feminino no seu desprazamento a Coruña, adiantáronse as azuis na primeira metade cos tantos de Yaiza (5´) e Noelia (20´), pero empataron as coruñesas na segunda parte, xogando co vento a favor, con tantos de penalti (50´) e o empate no minuto 60. A pouco do final puido desequilibrar a balanza Carlota pero o marcador non se moveu e o As Pontes suma o seu primeiro punto en dous encontros e a vindeira semana reciben ó Club Deportivo Rúa. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Vitoria moi importante do cadete pontés diante dun rival directo e a domicilio, o Narón BP, ó que derrotaron por 1-2, con goles de Brais Blanco e David Rey. Seguen Galicia de Caranza con 37 puntos, O Val 34, pero o As Pontes xa case asegura a terceira praza con 29 puntos, por 18 de Narón BP e EF Galicia de Caranza que son os máis inmediatos perseguidores. O Perlío, sexto con 17 puntos, visita o Poboado o vindeiro sábado.
O conxunto infantil segue sen perder comba e gañou por 4-0 ó Numancia de Ares, “hat trick” de Sergio Otero e un de Jandro. Non afrouxan os verdes, que venceron 1-5 ó Narón BP, e no duelo entre Ortigueira e Portuarios, empate a un gol, co que a clasificación queda con Racing de Ferrol con 36 puntos, As Pontes 34, Portuarios 29 e Ortigueira con 26. Os azuis visitan ó Ánimas en Ferrol a vindeira xornada.
cdaspontes_inf


cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
cdaspontes_inf
Importante triunfo (6-0) do Alevín A ante o Galicia de Mugardos. Tras esta vitoria colócanse na sexta praza con 14 puntos antes de visitar ó Racing San Pedro B, que é noveno con catro puntos. Os goles foron marcados por Alejandro, Germán, Jorge, Chema, Javi e Antón.
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
cdaspontes_aa
Tamén gañou o Alevín B dous partidos e seis puntos moi importantes, nun encontro aprazado, venceu 4-1 ó Cedeira SD, con tantos de Xoel (2), Xan e Nono . Iso o venres, o sábado gañou en Cabanas ó Xuventude por 1-2, con dobrete de Xan, co que escalan ata a quinta praza con 15 puntos antes de recibir no Poboado ó Cedeira C, que vai cuarto con 20 puntos.
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
cdaspontes_ab
No duelo de líderes sacou un valioso empate a tres goles (Joan, Eloy e Javi) o As Pontes en Neda, co que sigue mantendo os dous puntos de vantaxe o equipo azul (37-35), pero o “goal average” está a prol do equipo de Neda, que venceu 2-3 no encontro de ida, e precisamente os cinco únicos puntos que perdeu o As Pontes en toda a Liga foi contra o Rápido, o resto son todo vitorias. Ningún dos dous equipos se pode permitir ningún traspé de aquí ó final, aínda que Racing San Pedro e Numancia semellan estar lonxe na loita polo título con 29 puntos. Quedan oito partidos moi interesantes e xa o vindeiro sábado reciben ó cuarto clasificado, Numancia de Ares, que non será nada doado. Descansou o Benxamín B, que a vindeira semana visita ó Portuarios.
O Prebenxamín A venceu por 4-2 (Sergio -2- Diego e Ángel)ó Val, e xa suma 9 puntos no que vai de Liga, na oitava posición, antes de visitar ó quinto clasificado, Galicia de Mugardos.
O Prebenxamín B, pola súa banda, perdeu 10-0 ante o líder Numancia de Ares e aínda lle quedan as etapas máis complicadas, pois a vindeira semana recibe ó San Sadurniño que marcha en segunda posición.
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
cdaspontes_pba
Nova: Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios