O DEPORTISTA PONTÉS GABRIEL TEMBRÁS MEDALLA DE OURO NO CAMPIONATO GALEGO DE TAEKWONDO EN CATEGORÍA CADETE

332

O taekwondista pontés Gabriel Tembrás, da Escola Municipal desta modalidade deportiva, segue a sumar títulos e a pasada fin de semana proclamouse campión galego cadete na modalidade de técnica nos campionatos celebrados na vila pontevedresa de Ponteareas. Esta primeira posición permítelle ó deportista de As Pontes participar no próximo campionato de España.
O xoven deportista pontés, de tan só once anos, logrou superar tres roldas coa máxima puntuación acadando o título autonómico. Detrás del clasificáronse na segunda posición Iago Pita e Ángel López, do Mace Sport de Pontevedra, mentres que Samuel López, do Club Neka de Monforte de Lemos, foi terceiro.
Gabriel Tembrás xa ten no seu haber os títulos de Galicia nas modalidades de combate e técnica en categoría infantil e o campionato de España en técnica, torneo celebrado o pasado mes de outubro na localidade levantina de Gandía.
Gabriel-Tembras_1.jpg


Gabriel-Tembras_2.jpg
Gabriel-Tembras_3.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios