LIGA CADETE: CD AS PONTES 7 CCRD PERLÍO 0

105

Importante victoria do equipo cadete, por 7-0, ante o sexto clasificado, o Perlío, no partido adiantado ó venres correspondente á decimocuarta xornada de Liga. Na ida, nos Pinares, empataran 1-1.
Nun partido ante un dos mellores equipos da categoría victoria sen paliativos do cadro local dirixido por Marcos Bouza, cos tantos anotados por David Rey (3), Alex Fernández (2) e Iago (2), que puideron ser máis pois dispuxeron de moitas coasións os azuis incluido un balón ó longueiro de Roberto.
Mantén a terceira praza o As Pontes, xa con 32 puntos, nunha táboa encabezada polo Galicia de Caranza con 40 puntos, por 37 de O Val.
Ó compricado cadro valexo precisamente visitará o As Pontes a fin de semana que ven, antes da festividade de Semana Santa. Na ida gañaron os de Narón no Poboado por 1-2.
cadete


Xogaron Ángel, Alberto (Raquel 53´), Jorge, Alex Blanco, Caínzos, Iván Carballeira (Brais Martínez 40´), Alex Fernández, Brais Blanco, David Rey (Iago 46´), Nahum (Óscar 60´) e Roberto (Josiño 55´).
Aproveitamos a presenza de Enrique Fornos que estivo no campo pra ver ós seus ex compañeiros, para comentar a súa ausencia da selección a última hora por lesión, con tardía comunicación por parte da federación.
Unha auténtica pena porque nesta segunda fase do Campionato de España ían acudir moitos olleadores, e sendo Enrique un dos puntais da selección galega, algún tiña a esperanza de por que non velo nalgún adestramento da selección española sub16, acompañando, si a memoria non me falla, ós centrais Arnau Vega (Villarreal), Jesús Vallejo (Zaragoza), Xiker Ozirenjauregi (Athletic), Lluis López (Espanyol) ou ós laterais Pablo Maffeo (Espanyol), Julen Arellano (FC Barcelona), Aarón Martín (Espanyol) ou Joan Sastre (Mallorca), e porque non, convertirse no quinto futbolista de As Pontes en ser convocado alguna vez pola selección española cadete tras Xoel González, Adrián López, David Rochela e Dani Carballeira.
Pero o fútbol sigue para Enrique que aínda ten toda unha carreira por diante e en breve volverá a estar nos terreos de xogo. Moi mal lle foron as cousas a ambas seleccións galegas que perderon todos os partidos, a sub16 notou moito a baixa do capitán e perdeu 5-2 contra Canarias e 2-0 contra Cantabria, non lle foi mellor ós sub18 que perderon 1-0 contra Cantabria, e 3-1 contra Canarias, se ben os anfitrións fixeran un master o mes anterior cando no prestixioso Torneo do Atlántico sub18 so perderan pola mínima ante México e España e foran capaces de empatar con Portugal.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios