Nota de Prensa CxG: Plan de Emprego As Pontes. Ficción ou Realidade?

30

A concelleira de Compromiso por Galicia nas Pontes, Jéssica Fernández Polo expón que “considera que o fomento do emprego é básico no concello que rexistrou no mes de febreiro 1096 desempregados e desempregadas. A día de hoxe As Pontes ten unha situación económica que permite facer un esforzo e non hai nada mellor que invertir en emprego e formación, tentando paliar situacións presentes pero tamén mirando cara o futuro”
Por iso vén de presentar no concello unha proposta de actuacións entre as que destacan:
1. Realización dun estudo sociolaboral onde se identifiquen nichos de emprego, potencialidades e dificultades no eido do emprego no concello das Pontes
2. Plan de emprego local. Desenvolver un obradoiro de emprego dun ano de duración no que se realizarían contratos de formación retribuídos con 641 euros. Ao mesmo tempo formaríase aos destinatarios en tres perfís profesionais distintos: Atención a persoas dependentes, Agricultura ecolóxica e silvicultura e Animación Turística. Poderíanse beneficiar 70 ponteses e pontesas cunha inversión de aproximadamente 1.100.000 euros
3. Establecer convenios con Asociacións de Economía Social para o desenvolvemento de accións de asesoramento ao emprendemento e de inserción laboral.
4. Promover o financiamento de proxectos mediante micro-créditos por parte do concello ou conveniando con entidades de Banca Ética
5. Creación dunha central de compras na que poderá inscribirse o pequeno comercio, divido por sectores, para reducir o custe de aprovisionamento. O concello ofrecerá asesoría na agrupación das distintas empresas e autónomos, na configuración da central de compras e na implantación.
6. Redacción dun informe que verifique a viabilidade de redución ou supresión de impostos relacionados coa actividade económica ligados ao período de recesión económica, tales como IBI, licencias de apertura, etc.
7. Establecemento dun viveiro de empresas , xestionado polo Concello onde se priorice a base tecnolóxica e a implantación de modelos de negocio a longo prazo. Os novos empresarios poderían compartir os custes que implica a apertura dun novo negocio. Poderíase contar co asesoramento e coa colaboración da Universidade da Coruña.
Jéssica Fernández Polo tamén destaca a necesidade de que o PSOE que goberna no concello “faga algo, sinxelamente algo, levamos dende o mes de setembro falando de propostas para o emprego e non se concreta nada. Non nos podemos permitir esta pasividade”

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios