Unha semana para definir o equipo nacional masculino

85

Sete días de concentración para desputar o clasificatorio definitivo do equipo nacional español de arco recurvo masculino. Son seis os arqueiros que se enfrontarán en diferentes probas dende o luns 18 ata o domingo 24, e entre os que se atopa o pontés Miguel Alvariño García. O compoñente do Clube Sílex foi quen de quedar entre os mellores nos outros dous clasificatorios celebrados durante o ano pasado tendo así praza asegurada no equipo nacional.
O plan de probas para estes días será en dous bloques de tres días cada un. Así o luns os participantes realizarán unha ronda FITA pola mañá e outra pola tarde. Mentres que tanto o mártes coma o mércores serán de enfrontamentos directos entre eles, todos contra todos. Cada arqueiro terá que enfrontarse cos outros cinco compoñentes tanto na máña de cada un dos días como pola tarde.
O xoves será unha xornada de descanso da competición, pero con adestramento planificado por parte do técnico da federación española. Para así o venres volver a comezar a segunda fase coas mesmas probas que ao comezo da semana: dúas rondas FITA e catro fases de eliminatorias todos contra todos.
Ao final do domingo, e cos resultados obtidos das diferentes probas, definirase a orde de clasificación destes seis arqueiros. Segundo a normativa da federación española para este clasificatorio os dous primeiros clasificados serán compoñentes do Equipo A español de 2013, mentres que os dous últimos serán definitivamente do Equipo B. O terceiro e cuarto clasificados fináis terán opción de optar a ser o terceiro compoñente do Equipo A para as probas nas que participe dito equipo.
Miguel-Trofeo-Silex.jpg


Miguel-Cto-Espana.jpg
Nova cortesía Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios