Éxito de Padel Eume Matojoma

109

O equipo representante do pobo de As Pontes consegue na primeira participación na liga rias altas a clasificación matemática para o play off de ascenso co cal asegura un posto como minimo na quinta división para a vindeira temporada, agora necesita un so punto con duas xornadas por disputarse para certificar a primeria plaza.
Os ponteses vencían no enfrontamento co segundo clasificado por un contundente 5/0 demostrando por que van lideres invictos no seu grupo.
A parella pontesa numero un formaba con Fernando Caaveiro e Dani Pena os cales a priori tiñan un duro enfrontamento contra os santiagueses , pero non foi asi xogando moi sobrios e relaxados dende o primeiro momento gañaron de forma comoda por 6/3 6/1.
Os segundos en xogar foron Pachi Dopico e Santi Barro que tiveron o partido mais duro de toda a eliminatoria un partido moi reñido e traballado que caia a favor dos ponteses por un doble 7/6.
Turno para Poti leal e Manuel Ferro que non tiveron rival en todo o partido vencendo por un comodo 6/1 6/0.
Cuarta parella David Lago e Santiago Franco dous xogadores moi tranquilos na pista que o demostraron vencendo por un fácil 6/3 6/2.
A ultima parella pontesa formada por Xalo Maira e Marquiños Fdez tamen venceu olgadamente por 6/3 6/1.
Rotundo éxito de este gran grupo human que forman os componentes de padel eume matojoma que como debutantes na categoría e con un grupo moi difícil e igualado nos momentos claves souperon sair airosos tanto na casa como de visitantes de todos os envites, agora so queda un punto para certificar o primeiro posto do grupo con duas xornadas por disputar, Felicidades e ¡¡¡¡arriba Padel Eume¡¡¡¡¡.
padel_1.jpg


padel_2.jpg
padel_3.jpg
padel_4.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios