Nota de prensa CxG: Demasiada urxencia para convocar unha praza de administrativo

62

O Concello das Pontes vén de publicar a convocatoria dun concurso/oposición para optar a unha praza de Administrativo/a. Chama poderosamente a atención o prazo que se establece para presentar as solicitudes: 5 días naturais; é dicir ,que ao incluír a fin de semana , só quedarían 3 días para presentar a solicitude. O caso resulta todavía máis curioso se temos en conta que o pasado venres 15 tivo lugar unha comisión de persoal na que as e os concelleiros da oposición non fomos informados da necesidade de cubrir esta praza nin de que se ía realizar esta convocatoria.
Non é a primeira vez que se dá esta sitación, na que o Concello das Pontes convoca algunha praza e se incluén nos días para presentar as solicitudes festivos, periodos vacacionais… Parece que non existe moito interese en darlle publicidade e, moito menos, en facilitar a todos os veciños e veciñas a posibilidade de presentarse para optar a este posto de traballo.
Dende Compromiso por Galicia consideramos insuficiente o prazo de presentación de solicitudes e instamos ao goberno do PSOE a amplialo para favorecer a todos e todas aqueles que desexen presentarse.
BASES QUE REXERAN O NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A DUN /HA ADMINISTRATIVO/A.-

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios