Miguel Alvariño remata o clasificatorio con opcións de participar nas World Cup co Equipo Nacional

50

Rematou o clasificatorio do Equipo Nacional de tiro con arco para este ano 2013 nas instalacións do CAR de Madrid. Foron seis os arqueiros participantes e seis os días de competición, nos que houbo cambios de postos case que despois de cada xornada. A comarca do Eume tiña as opcións depositadas nun compoñente do Clube Sílex, Miguel Alvariño García.
Miguel, arqueiro xuvenil de segundo ano, tivo unha actuación salientable e que foi mellorando a medida que avanzaban as xornadas. Comezando o luns cunhas series FITA condicionadas polo vento empataba no cuarto posto con Javier González. Nas dúas xornadas seguintes, nas que a competición era de eliminatorias directas todos contra todos, non estivo todo o atinado que esperaba e así remataba o primeiro dos clasificatorios na 5ª posición a catro puntos de Javier e con 6 de avantaxe sobre Arturo García. Por diante Antonio Fernández, Elías Cuesta e Juan Ignacio Rodríguez marcaban unha ampla diferencia.
O venres volvíanse a tirar dúas rondas FITA nas que o pontés deixou ver o nivel que está a acadar sumando 1295 e 1300 puntos en cada unha delas. Súmase así á non moi extensa lista de arqueiros nacionáis que chegan a esa marca de forma oficial. Con isto colocábase na cuarta praza neste segundo clasificatorio. Pero o mellor estaba por chegar, e foi durante as xornadas de eliminatorias, xa que con seis victorias sobre dez o sábado e unha puntuación media de máis de 9 puntos por frecha aupouse ata o terceiro posto só por detrás de Antonio e Juan Ignacio. Para rematar, na mañá do domingo volveu a vencer en tres das eliminatorias, e nas da tarde non deu trégua gañándoas todas. Así o segundo clasificatorio rematao nunha clara terceira posición.
No cómputo xeral destes dous clasificatorios o arqueiro do Sílex queda na cuarta posición final na que, segundo se expón no formato desta competición, terá opción de desputar a terceira praza do Equipo A da Federación Española fronte a Elías Cuesta, arqueiro olímpico en Londres 2012 e terceiro tras esta semana de clasificatorios.
Clas-Eq-Nac-18-3.jpg


Clas-Eq-Nac-24-3-final.jpg
Nova cortesía Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios