CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA 23-24 DE MARZO DE 2013

31

COPA GALEGA FEMININA: ATL. MELIDE – CD AS PONTES (1-2)
O equipo feminino sumou un valioso triunfo no campo do Atlético Melide por 1-2, con tantos de Andrea Pita, que se estrea, e a “capitᔠPatri Dopico, o que o achega á segunda fase da Copa Galega feminina á espera de recibir ó Orzán B no primeiro fin de semana de abril. Pita desprazou o once xusto: Leti, Sara, Noe, Nuria, Silvia, Vicky, Lía, Patri Dopico, Andrea, Sheila e Paula.
LIGA GALEGA XUVENIL: BERGANTIÑOS CF – CD AS PONTES (1-1)
Valioso empate do As Pontes xuvenil (1-1) en terras de Carballo ante o Bergantiños, con tanto pontés de Álex. Antes da Semana Santa, o mércores 27 (17,00) visita o Poboado o Eume Deportivo en partido aprazado no seu día polo temporal de chuvia. Os ponteses de momento son sextos, con 41 puntos. Galicia de Caranza con 57puntos, seguen Residencia (54), O Val (46), Fátima e Racing Vilalbés con 42.
prebenxamina


CATEGORÍA CADETE: SD O Val-CD As Pontes (1-2)
Gran vitoria do As Pontes cadete en Narón ante O Val, por 1-2 (Brais Blanco e David Rey). Métese así por dereito propio na loita pola segunda praza. Moi contentos quedan os ferroláns, que grazas á vitoria dos azuis case sentencian a liga. Galicia de Caranza 43 puntos, O Val 37, e As Pontes 35. Despois do descanso festivo visita do Ánimas.
CATEGORÍA INFANTIL: CD As Pontes-Gª Caranza B (9-0)
Contundente vitoria do infantil ante o Galicia de Caranza B por 9-0, “hat trick” de Josiño, dous de Andrés e Alberte, e un de Sergio Otero e Martín. Os rivais tampouco afrouxaron, o Racing de Ferrol gañou 1-7 en Pontedeume, o Portuarios 8-0 ó Ánimas, e o Ortigueira 10-2 ó Numancia de Ares. Así as cousas, Racing de Ferrol ten 42, As Pontes 40, Portuarios 35 e Ortigueira 32. Retoman a liga visitando ó Cultural de Maniños en Fene.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
CATEGORÍA ALEVÍN:
CD As Pontes-R. Ferrol (1-2)
Cedeira SD-CD As Pontes B (2-3)
Derrota do Alevín A por 1-2 ante o Racing de Ferrol, con tanto de Chema. Equipo con grandes xogadores, como Manuel Fernández, na selección galega, ó igual que Julián Nieto (GªCaranza) e Manuel Orosa (O Val), que son os tres representantes da comarca na selección, curiosamente dos tres primeiros clasificados na Liga dos mellores. O Val 33, Caranza B 31 e Racing de Ferrol 25. Logo, con 18, Amistade Meirás e con 17 As Pontes e Narón. Ó complicado Galicia de Caranza B renderá visita o As Pontes na vindeira xornada. O Alevín B venceu 2-3 (goles de Xan, Xoel e Vicente) ó Cedeira e escala ata a cuarta praza con 22 puntos. O segundo clasificado, Galicia de Caranza E, visitará o Poboado.
alevina
alevina
alevina
alevina
alevina
alevina
alevina
alevina
alevina
alevina
CATEGORÍA BENXAMÍN:
Meirás CF-CD As Pontes (4-12)
CD As Pontes B-R. San Pedro B (0-5)
Grandes noticias para o Benxamín A que ademais de gañar 4-12 (Jandro 4, Javi 3, Joan 3, Dani e Manu) ó Meirás veuse beneficiado pola derrota do seu inmediato perseguidor, Rápido de Neda, ante o Numancia de Ares (5-4) co que os azuis son líderes con 43 puntos, por 38 do Neda, 35 do San Pedro, e 32 dos aresáns. Non se poden botar as campás pois aínda quedan seis complicados partidos, como visitar ó San Pedro. Próximo encontro na casa ante o Galicia de Caranza D. O Benxamín B pola súa banda perdeu (0-5) diante o líder San Pedro B. Son oitavos con 13 puntos e visitan ó quinto clasificado, Barallobre, no retorno de liga.
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
CATEGORÍA PREBENXAMÍN:
CD As Pontes-R. Ferrol (2-7)
SRD Portuarios-CD As Pontes B (5-1)
Derrota do Prebenxamín A (2-7) ante o R. Ferrol B. Os dous goles de Álex Montero. Son oitavos con 9 puntos e visitan ó terceiro, Perlío, na vindeira xornada. O Prebenxamín B perdeu 5-1 (gol de Anxo Blanco) en Ferrol ante o Portuarios. Sétimos con 14 puntos, reciben ó terceiro, San Pedro B.
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
prebenxamina
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios